Ben, Touriño, ben
O anuncio de Touriño de completar a lexislatura do goberno bipartito paréceme excelente. Xa comentamos o domingo que o presidente estaba diante dunha difícil encrucillada: escoller entre as razóns de Galicia e os intereses da dirección federal do seu partido. Touriño escolleu con afouteza (e risco evidente para o seu futuro) apostar por finalizar o compromiso adquirido polo bipartito coa cidadanía. A súa foi unha elección moi intelixente e honorable, que o lexitima e reforza no seu papel de presidente de Galicia. Alédome, ademais, polo enorme esvarón da prensa madrileña que daba o adianto como seguro, o que demostra que as súas fontes de Ferraz deben estar moi amoladas. Agora, ben será que todo o goberno galego aproveite esta determinación do seu presidente para impulsarse neste treito final de lexislatura cunha intensa acción lexislativa e de goberno. Hoxe aplaudimos a Touriño. Ben o merece.
Marcadores: Política
4 Comments:
Honralle esta decison de non "depender de Madrid" pero eu penso k se ekivoca.Tanto os seus socios como o pp van a explotar moi ben a situacion de unha lexislatura k xa se da por rematada.Pepe Blanco, outra cousa non sei, pero sabe como gañar elecions, e non as debe de ver moi claras.
A.Coruñes
Sinto non concordar para nada con vostede... Non nos poden vender a solución a un enredo que eles mesmos crearon... Por non falar do tratamento mediático da TVG... Pero o peor non é iso, o peor é que significou a maior das deslealdades cara o seu socio de goberno. Que ningúen se chame a engano, este é o PSOE... cando o BNG actúe en consecuencia algúns acusarano, pero tristemente aquí hai que aplicar o de Baltar: "se un se despiste pásanlle a rebordadora".
Completamente de acordo, Manolo. Xa facía falta que alguén defendese os intereses de Galicia antes que os de partido.
http://periodistas21.blogspot.com/2008/08/tourio-apuesta-por-galicia-frente-al.html
Pero é certo que cando esgote a lexislatura o panorama electoral pode ser peor para un goberno de progreso en Galicia. Veremos.
En todo caso, Zapatero non ñe perdonará a Touriño ista decisión que da vida a Raxoy por algo máis de tempo.
Lamentabelmente eu non concordo en absoluto coa lectura que tiras, e menos inda cun aplauso que o presidente non merece.
A miña opinión aquí:
http://www.xornal.com/article.php?sid=20080828182848&vote=5
Postar um comentário
<< Home