26.9.08

Gallimard aposta polos libros electrónicos

Editions Gallimard acaba de anunciar que antes que remate este mes de setembro ofrecerá un catálogo de libros electrónicos descargables dende a súa libraría electrónica, «Le Divan». A selección de obras incluirá algunhas das novidades literarias da vindeira tempada. Este anuncio coincide co lanzamento en Francia do Sony Reader pola FNAC, a un prezo de 299€, e por Hachette livre como proveedor exclusivo de títulos durante tres semanas deste soporte electrónico de lectura. O libro electrónico móvese en Francia.

Marcadores: ,

3 Comments:

Blogger Manuel Ángel Candelas Colodrón said...

Unha pregunta persoal pero que me interesa porque quixera probalo: ten vostede algún artefacto de lectura coma estes?

10:11 AM  
Blogger cneirac said...

Imaxino que si, non?

Achegábame por aquí para deixarlle esta ligazón. É unha tradución ao castelán do 'Informe sobre o libro dixital en Francia', que encargou o Estado francés a un grupo de expertos.

Se teñen problemas para descargalos proben neste formulario.

11:40 PM  
Anonymous 먹튀검증 said...

'N Baie wonderlike blogpos. Ons is baie dankbaar vir u blogpos. U sal baie benaderings vind nadat u u pos besoek het. Ek het presies gesoek. Dankie vir sulke boodskappe en hou dit aan. Goeie werk 먹튀검증

1:45 PM  

Postar um comentário

<< Home