6.9.08

Vigo 1929, 1960, 2006





Grazas aos amigos de Vigoblog coñecín estes tres vídeos do Vigo da memoria, 1929, aproximandamente cando naceron moitos dos nosos pais e 1960, cando nacemos nós. O de 2006, alén da simpática montaxe fotográfica que serve para facer algunhas comparacións, ten o engado da canción de Siniestro. Debemos agradecerllos a Carlos que os subiu ao tube.
As dúas pezas da memoria están unidas polo seu interese polo perfil da beiramar que semella para as dúas constituír o elemento identitario da cidade. No de 1929 pode identificarse a Porta do Sol, Príncipe (á altura do cárcere), os tranvías circulando por Policarpo Sanz, a praia mariñeira e porto pesqueiro do Berbés, o Campo de Granada e o castelo de San Sebastián, a fasquía da cidade dende o mar e a travesía en vapor a Cangas. No de 1960, impresiona o comezo co percorrido pola beiramar toda (un Vigo aínda aberto ao mar), o paseo de Afonso e a súa oliveira, a farola de Jenaro de la Fuente en Colón, o edificio do Tinglado General de Empaque no Berbés, Guixar, as escaleiras do Pirulí, o bulevar da Gran Vía, a recén aberta rúa Coruña cos edificios de sindicatos da praza da Indusria, o Instituto Santa Irene en Travesas, os estaleiros de Barreras, a sede do Naútico e os seus peiraos, os polbeiros do Berbés e o unha proba do concurso hípico no Campo da Florida.

Marcadores: , ,

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Será k imos vellos D. Manuel?, xa nos tamos poñendo demasiado nostalxicos. Como pasa o tempo, as xentes vanse e o mundo keda, a o final como decia a cancion "la vida sigue igual"
A.Coruñes

9:45 PM  

Postar um comentário

<< Home