E chegou Aguas de Mondariz

Fóra dos repetidos argumentos do documento do Club Financieiro (imposición do galego, dos problemas de recrutar profesionais entre 30 e 40 anos con familia... ) o fulcral do pronunciamento da centenaria empresa de augas radica en apostar polo inglés como segunda lingua: "[...] hasta los chinos pra comunicarse con el mundo la utilizan". Unha vez máis, vencidos polos prexuízos, considérase que o galego non é unha lingua universal e que o seu uso é incompatible co aprendizaxe doutras linguas estranxeiras. Con todo, o documento conclúe expresando que a empresa continuará patrocinando e apoiando "a cultura gallega organizando eventos de literatura, teatro,música, etc, con la finalidad de promover el galego como una fuente de riqueza cultural, magia inspiracional y de melodía poética", ao tempo que proporcionando unha xanela compasiva co futuro do noso idioma: "La tradición y la propia gente es lo que lo ha preservado y preservará esta mágica y hermosa lengua". Todos os tópicos e prexuízos sobre a nosa lingua e a nosa cultura metidos nunha botella.
Sobre a polémica do documento do Club Financieiro continúan aprecendo textos moi interesantes. Aconsello a lectura da carta aberta de Xabier P. Docampo, o divertido artigo de Ánxel Vence no suplemento Estela de Faro de Vigo (non se pode acceder directamente na rede) e a anotación de Mario.
11 Comments:
Outra mala nova das moitas que nos agardan. O artigo de Anxel Vence pode consultarse no seguinte link:
http://media.epi.es/www.farodevigo.es/media/documentos/2008-10-07_DOC_2008-09-07_01_28_02_estela7sept.pdf
Albixoi: grazas polo enlace.
Excelente Anxel Vence! E xa sabemos, Cabreiroa igual é unha auga mineral tan boa coma a da billa!
Sobre AGAL: é curioso que os argumentos de "internacionalización" empregados ora polos "empresarios" ora por "Aguas" de Mondariz son os mesmos empregado por unha parte importante do reintegracionismo con respecto a norma ILG-RAG no tocante ao seu futuro neste mundo globalizado... curioso, curioso...
Vivindo nun pais libre como vivimos, e o normal k cada un opine como keira.O raro sería o pensamento unico.Eu penso k temos k aprender a vivir co galego e o castelan, non keda outra.E k sexa por moitos anos
A.Coruñes
O maior problema, creo, e que hai moita xente, máis da que ás veces cremos, á que o argumento de Mondariz convencerá, e mesmo lle parecerá unha empresa defensora da nosa cultura e da nosa "máxica" lingua. Cando falamos dunha proxección da cultura galega cara ao exterior deberiamos pensar se non sería máis lóxico comezar cunha proxección interna, desmitificando a cultura da lingua agarimosa por unha lingua moderna e de futuro. Ben, creo que é algo que todos sabemos. En canto ao caso das augas quizais estaría ben averiguar cantos cartos públicos levaron nos últimos anos por promocionar a nosa máxica lingua...
Anónimo 1:
o curioso é que qualquer motivo seja bom para criticar o reintegracionismo, mesmo ser o movimento que fai pública esta postura de mondariz... curioso, curioso até onde chega a teima anti-reintegracionista de alguns...
Porque, por falar de cousas curiosas, haveria que pensar se todos estes anos, já mais de 20, de Normativa e Discurso Único Oficial ILG-RAG nom terám algumha cousa que ver com o feito de que, a dia de hoje, no tema da língua, estejamos como há vinte anos: soportando ataques de cavernícolas, e constamente à defensiva, e sem chegar nunca ao momento oportuno para passar à ofensiva.
Provavelmente, também tantos anos de "bilingüismo harmónico" tiverom mais conseqüências das que pensavamos.
anonimo 1 diz:
xa, entón, coa normativa AGAL que nin é portugués padrón nin é a ILG-RAG non pasaría o que pasa?
Curioso que as críticas dun bando utilicen os mesmos argumentos cós reitegracionistas porque, no canto de tirar todos do carro, uns levan 30 anos turrando del....
O complexo de inferioridade é o mesmo co castelán que co portugués!
E xa sabe o que quero dicir....
Nas dúas últimas intervencións compróbase empiricamente un dos problemas que soportou e soporta a lingua galega. Que, en efecto, esteamos como hai vinte anos.
Non, non son só o Club Finaciero de Vigo e Aguas de Mondariz. Tamén, tamén somos nós. E así nos vai.
Perdón por no escribir en gallego, soy catalán. Sólo querría darles mi apoyo si piensan boicotear a esa empresa, y que como catalán, siento vergüenza de que pertenezca al grupo Vichy Catalán y sigan con esa política de empresa antediluviana.
Compran as nosas empresas ("Aguas" de Mondariz, restos de Fenosa...) e aínda hai que dicir que chove.
O señor Apicultor ten toda a razón. Excusamos campañas contra tal ou cal firma, cando o problema, como el indica, está en NÓS.
Cumprimentos para o sr. propietario deste interesante blog e para o vello coñecido cibernético, o sr. Apicultor
Postar um comentário
<< Home