«O libro das viaxes imaxinarias»
A verdade é que poucas veces tivera a fortuna de quedar tan satisfeito da edición dun libro coma deste. En realidade o noso maior temor era malograr un texto literario e un traballo de ilustración valiosísimos, concibido coma unha síntese de lectura e relectura. Afortunadamente, xa imos coñecendo as primeiras lecturas, como esta marabilla de Pawley. O libro presentarémolo o vindeiro xoves, as 20:00 horas na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña.
Marcadores: Críticas, Ilustración, Narrativa, Presentacións, Xerais
1 Comments:
Magnífico libro e marabillosa presentación.
Postar um comentário
<< Home