Ler fainos máis grandes

Un libro onde aparecen, ademais, eses DEZ CONSELLOS INFALIBLES PARA QUE OS NENOS E AS NENAS ODIEN OS LIBROS:
1.- Cando empecen a ler en voz alta, interrómpeos constantemente para marcar os seus erros...(Tradución galega: Trafegando ronseis; castelá: ediciona)
A ti tamén se che sacarían as ganas de seguir lendo.
2.- Obrígaos a ler...
Nada máis eficiente que un simple monosílabo, le! para conseguir o efecto contrario.3.- Menospreza os seus gustos e non respectes o seu criterio...
Que é mellor, que lean o que lles gusta ou que non lean?4.- Imponlles lecturas...
Esa novela que tanto che gustou á súa idade non ten por que ser do seu agrado.5.- Pídelles que che fagan un resumo...6.- Controla todo o que len...
Non deixes que asocien os libros cos deberes.
Interesarse non significa examinalos e interrogalos.7.- Lémbralles os beneficios de ler...8.- Relaciona os libros só cos deberes...
Dille: os nenos que len sacan mellores notas, coma o teu amigo. Así o rapaz ou a rapaza perderá as ganas de ler e collerá manía ao amigo.
Un libro non debe ser só un instrumento para aprender cousas.
9.- Castígaos sen tele por non ler...
En ver de converter a tele no noso aliado, preguntándolle, por exemplo, cantos filmes infantís baséanse en libros?
10.- Esíxelles lecturas non axeitadas.
Non por se bo e correcto, un libro debe ser axeitado á súa idade ou ao seu estado madurativo.
Esta iniciativa modesta de popularización do hábito da lectura no seo da familia, con motivo do Nadal, ben podería ser emulada en Galicia. A relación entre custo e rendabilidade social e cultural é óptima. Beizóns para Joan Carles!
Marcadores: Iniciativas, Lectura
4 Comments:
Xenial, ideal para facer un poster! Recordame ao famoso decálogo de Pennac.
... e mui semelhante às ONCE ESTRATÉGIAS EFICAZES PARA CONSEGUIR QUE AS CRIANÇAS NOM LEIAM, escrito por Fernández Paz há bem de anos...
¡Muchas gracias, Manolo, por el post! Y me alegra muchísimo, tal como indica dedoscomovermes haber coincidido con Agustín. ¡Sería fantástico recuperar su listado!
Por cierto, si alguien recoge el guante, los derechos de traducción están disponibles...
¡Felices fiestas!
a sua listagem está disponhível: LER EN GALEGO (I).ir indo edicións. Vigo, atençom: 1990!!
Postar um comentário
<< Home