12.10.06

Suso de Toro en EblogTV

Suso de Toro, o escritor que máis ten apostado pola textualidade electrónica na rede, foi o primeiro convidado das emisións en directo de EblogTV. A entrevista (en realidade un vídeo encontro) amosa tanto as posibilidades da nova televisión persoal na rede como as potencialidades deste tipo de soporte para o fomento da lectura. Moi interesante.

Marcadores: , ,

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

O que en principio ía ser unha listaxe obxectiva para optar a unhas oposicións limpas á CRTVG, acabou sendo unha discriminación absoluta para os traballadores que dende as provincias galegas levan anos facendo novas exclusivamente para a CRTVG.
A puntuación que reciben estos traballadores polos anos dedicados á compañía é a metade que a que recibe un traballador que realiza o seu traballo dende San Marcos.

Cremos que estamos a recibir un tratamento inxusto despois de levar anos sendo imaxe dunha empresa pública como é a Galega e traballando de feito esclusivo para os seus informativos.

Agora queren que aceptemos un tratamento discriminatorio que nos deixa fóra de calquera proceso de selección xusto dentro da compañía.

Trátase dunha situación anómala herdada do goberno anterior que decidiu no seu momento que as delegacións dependesen ilegalmente de productoras externas realizando en exclusiva o traballo para a CRTVG.
Esa situación levou á nova dirección da compañía a non recoñecer os nosos dereitos como traballadores da CRTVG e é o que reclamamos nestes momentos.

Din que non somos unha Delegación, pero o certo é que traballamos como tal. Din que non merecemos o mesmo tratamento que un traballador de San Marcos, pero o certo é que temos as mesmas obrigas, traballamos en xornada partida e temos uns salarios ridículos con respecto ós que teñen en San Marcos por facer o mesmo tipo de traballo.

Ante esta situación, os 18 traballadores que formamos a Delegación da CRTVG en Lugo decidimos acudir á xustiza e demandar legalmente unha situación que non comprendemos e que consideramos absolutamente inxusta.

Só pedimos que se nos respete como traballadores que levamos anos traballando para a CRTVG, representándoa na provincia de Lugo e facendo o mesmo traballo que as persoas que o realizan dende a central.

Queremos que quede claro que a nosa intención non é prexudicar ós nosos compañeiros e en moitos casos amigos de San Marcos, todo o contrario, só pedimos solidariedade xa que o noso traballo, idéntico ó seu, está a ser infravalorado nestes momentos.
Non queremos reivindicar dereitos que non nos corresponden.

Entre tódalas Delegacións da CRTVG facemos o 80% da información da Galega.

Agora queren que nos botemos atrás coas demandas, e ameazan con tomar outro tipo de medidas de presión, pero, a cambio, non queren solucionar a situación con nós.

Por iso pedimos o apoio dos medios de comunicación para que se coñeza esta situación insostible que levamos aguantando moitos anos, pero que estalou nestes momentos non polo cambio de goberno, senón pola discriminación laboral á que nos somete a CRTVG ó non considerarnos traballadores cos mesmos dereitos que o persoal de San Marcos.

Somos conscientes de que a nosa denuncia pode ser malinterpretada, pero queremos salientar que a nosa intención so é defender os nosos dereitos como traballadores en exclusiva para un medio público que agora se desentende de nós

5:12 PM  
Blogger nhusko said...

Asistín a presentación que fixo de Home sen nome hai quince días en Ribeira. Asoballounos aos asistentes coa súa calidade humana. Non agardabamos que se abrise así, permitindo que nos achegásemos, como na súa obra, un par de chanzos cara ao inferno.

9:23 PM  

Postar um comentário

<< Home