13.11.06

Vidas exemplares

Hai tempo que tiña moitas ganas de anunciar a chegada aos andeis das librarías de Vidas exemplares, o libro de relatos de terror de Uxía Casal.
Ulises, un excursionista extraviado no bosque, sinte tres arrepíos, que lle impiden articular palabra, cando coñeceu a tres anciáns que padecen unha condena insoportable… Un estraño engado percorre o xardín do Pazo de Galdán desque alí apareceu o corpo de dona Arminda… Nai e filla deambulaban pola tenda baixo a atenta mirada da dependenta, que observaba sen disimulo os gustos tan dispares das dúas mulleres… Aquel condutor tiña un problema, freara o coche en seco e saltara correndo cara aos servizos do bar como se o perseguise unha fera rabiosa… A vida de Héctor e da súa compañeira mudou cando a iguana chegou á súa casa…
Este volume, singularísimo na nosa produción narrativa actual, reúne vinte e un intensos relatos de medo e intriga, protagonizados por seres tan extraordinarios como trastornados. Un libro, escrito na mellor tradición dos clásicos do xénero de terror, que deita a súa mirada con ironía sobre os espazos máis escuros de vidas exemplares.

Marcadores: , , ,

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Descubro con ledicia que compañeiro/as da xeneración dos 80, compañeiro/as de clase, acadan o éxito merecido: Angueira, Lopo, Raña, Lorenzo Tomé, Quiroga. Agora Uxía. As aulas da facultade de filoloxía de Mazarelos foron un excelente viveiro.

8:58 PM  
Anonymous Anônimo said...

que ben será reler este libro despois de tanto tempo...

10:29 PM  
Anonymous Anônimo said...

De Mazarelos, o realmente importante é o Bar Viño.

1:32 PM  

Postar um comentário

<< Home