
Dos proxectos que teño promovido na miña vida profesional en poucos tiven máis fe ca en
Golfiño, unha revista mensual de banda deseñada, dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos, que creamos da man de
Fausto Isorna e
Miguel Vázquez Freire. Sempre crin que co comenzo deste século era o momento de reeditar o esforzo que supuxo
Vagalume ou o papel que en Cataluña viña desempeñando
Cavall fort (despois de
corenta e seis anos segue editándose) como medios dirixidos ao público máis novo. Equivoqueime. Comercialmente para nós a experienciade
Golfiño foi un fracaso estrepitoso, non conseguimos apenas axudas (a pesar de que petamos en moitas portas) e, despois de catorce números de termar por ela, acabamos pechándoa e cedéndolla gratuitamente á
La Voz de Galicia que a convertiu en semanal e exclusivamente en publicación de historieta, durante dúas tempadas. Porén, teño o convencemento de que
Golfiño triunfou doutra maneira, xa que foi fundamental para que agromase unha boa parte da xeración de debuxantes de BD, que existe hoxe no país.

Agora Fausto inaugura unha
exposición sobre o proceso creativo das portadas da revista, unha antolóxica de
quince daquelas portadas, feito que nos enche tamén de orgullo. Poucas veces podemos dicir que un fracaso sementase tanta esperanza. Beizóns para Fausto o creador do personaxe e o director artístico de tan importante proxecto.
Marcadores: Exposicións, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Xerais
4 Comments:
Dende a miña perspectiva non lle chamaría fracaso, ser pioneiros nunca é doado.
Teño un feixe deles. Colecionábaos.
ANOS PASADOS,(TERIA COMO 8 OU 9 ANOS,AGORA TEÑO 12), MEU PAI IVA COMPRALO PERIODICO OS DOMINGOS,EU AGARDABA NA CASA.CANDO EL VIÑA , COLLIALLE O GOLFIÑO E PUÑAME A LELO CON MEU IRMAN.TEÑO BASTANTES.O APARTADO QUE MAIS ME GUSTABA ERA O DE "FIZ" ,UN RAPAZ MOI PORCO.
Eu sempre lamentei tamén a morte de "Vagalume" primeiro e de "Golfiño" despois. É evidente que era un dos grandes medios de normalización posible do idioma entre os máis novos: todo o que se faga nesa liña é máis necesario que nunca.
Postar um comentário
<< Home