"Benquerida catástrofe", a volta de Teresa Moure
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi36n9_BrBZM8VJcCveoQ6fwO6wfMcBzQ55C0h17ftu0tMnI8eI7RI2gw4ARA1yxJrVLW41bWEY-BgydyE5jo_ljrctm2_eG5e6pmKcfL9DxxjBPtVZijGM0hNOm2lG2RB1FyDCFw/s200/XG00126301.jpg)
"Adam Cairbough, coincidindo coas visitas frecuentes á consulta do doutor Castiñeira para tratar os seus problemas de pel, decide separarse de Eva, á muller que ama desde que chegou a Galiza. As vidas de Adam e Eva veranse sorprendidas por un cambio inesperado, que vai derrubar todo aquilo que xulgaban estábel, e definir quen é cadaquén.
Esta nova novela de Teresa Moure, tras o éxito rotundo de Herba moura, propón a quen le unha indagación sobre esoutro sexo que levamos dentro. Velaquí unha ficción trepidante que, xogando coa indivisibilidade dos números primos, cuestiona a identidade como algo inherente aos corpos. A reconstrución da súa identidade sexual converte as personaxes en seres máis felices, que procuran algo que ficara oculto na cotidianeidade e que rematan por descubrir ao se espiren para nós."
Etiquetas: Teresa_Moure
1 Comments:
Estou impaciente por este libro...
Postar um comentário
<< Home