![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhCarvykURmNMq6LhmcpH3JxGhk0g8q4n18pfNjaku75iOlloa5rnSEWwmJ9roND-mIN2v6c2foFJzIcocLQsVjfK38f1w9sM3RJ4yTD8BEhqIKlJ_iKkZN-b2vhcK7MeG-OwSDJw/s400/header.jpg)
Recomendo moi vivamente a lectura desta
anotación de Joaquín Rodríguez sobre o compromiso dos autores e medios de comunicación británicos co fomento da lectura.
500 escritores e intelectuais dirixíronse ao primeiro ministro para solicitarlle, diante dos resultados en comprensión lectora dos estudantes británicos en PISA, que se dedique o próximo ano á lectura. A mesma preocupación comparte Channel 4, unha das emisoras de televisión de maior audiencia, que decidiu emitir en horario de
prime time un programa de
fomento da lectura. Aquí en España e en Galicia,
despois dun pequeno rebumbio, a pesar de ocupar o posto número trinta no desenvolvemento desta competencia (Gran Bretaña ocupa o décimo noveno), o fomento da lectura semella non preocupar tanto.
1 Comments:
http://anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=1648
Postar um comentário
<< Home