29.3.08

Encontros Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 07/08

Xa coñecemos o programa dos Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 07/o8 que organiza en Sanxenxo a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellaría de Educación.

Na primeira xornada, 3 de abril, xoves, haberá tres conferencias:
  • ¡Canto vale? ¿Canto custa? ¿Para que serve? ¿É rendible? ou Como avaliar procesos e resultados na biblioteca escolar?, José Antonio Camacho.
  • Aprender a ler: ler para aprender, María de Lourdes Dionísio.
  • A lectura en galego no marco da nova literacidade: o caso dos blogs, Manuel Bragado.
e tres obradoiros:
  • Proxectos de traballo coa tradición oral, Antón Castro.
  • Espertar as ganas de ler. Presentación de libros, Charo Pita.
  • Ferramentas na Rede, José Fariña. José Luís Barreiro.
Na segunda, venres, catro conferencias:
  • A biblioteca escolar: centro de recursos para a aprendizaxe e a alfabetización informacional, Villar Arellano.
  • Biblioteca escolar e proxectos lectores. Recursos electrónicos e o seu aproveitamento, José Manuel Luque.
  • Fomento da lectura en contornos dixitais, Laura Borras Castanyer.
  • "El cementerio de los elefantes", Gonzalo Moure.

Marcadores: ,

1 Comments:

Blogger Manuel Ángel Candelas Colodrón said...

Laura Borrás é unha das persoas que máis saben sobre a literatura na rede, sobre todo, de teatro experimental a través de internet. Veu o ano pasado a un congreso que nós organizabamos e deixounos pampos. E ademáis é persoa ben simpática. Tiven a gran sorte de presentala e merece moito a pena escoitala.

1:19 PM  

Postar um comentário

<< Home