3.2.05

Instituto Rosalía de Castro

Nótase que o Cervantes está dirixido por un galego. É boa a noticia de que promoverá a cultura galega no exterior. Con todo, creo que é imprescindible a creación dun instituto propio (podería chamarse "Rosalía de Castro", como propuxemos na lei do libro) que promova a lingua e a literatura galegas en todo o mundo. Precisamos unha estratexia de país, compartida por autores e editores e apoiada con convicción polos poderes públicos galegos, para dar a coñecer fóra o noso acervo literario, tanto ó histórico como o contemporáneo. Só así poderemos conseguir traducións e valoración do conxunto da nosa literatura. Se o Cervantes axuda na tarefa, benvido sexa, tamén.

Marcadores:

3 Comments:

Blogger Gonzalo G. Barreñada said...

Cantas veces non teño eu pensado niso!

E logo, sería moi complexo poñerse á tarefa?

Aperta, B., sígote.

6:21 PM  
Blogger Plattdorf said...

É importante que o Cervantes asuma unha postuyra oficial de apoio á difusión da nosa cultura, si, porque até agora eses apoios dependían exclusivamente da boa vontade dos directores e traballadores de cada centro específico. E se todos estamos pagando eses centros do Cervantes, que normalmente ocupan edificios en lugares completamente estratéxicos nas súas cidades, debemos ter o dereito a usalos tamén para a promoción do galego, do catlán e o vasco sen ningún tipo de problema nin reticencia.

Iso non empece que debamos asumir a tarefa de crear unha institución de promoción exterior da nosa cultura, que sirva para coordinar todas as accións que as administracións públicas e as iniciativas privadas e civís poden levar a cabo fóra do país. Poida que isto pareza insignificante, pero xa agora estase a facer moito máis do que parece desde Galiza.

1:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

pffff

12:20 PM  

Postar um comentário

<< Home