2.4.06

Eu son um lápis

Vía Alcameh coñezo a tradución portuguesa deste libro incluído por Publishers Weekly entre os mellores libros de 2004 no apartado de Non ficción. "Un profesor, os seus alumnos e o seu mundo de historias". Semella interesante para os lectores interesados en cuestións educativas. Non atopo tradución en castelán.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

8 Comments:

Anonymous Anônimo said...

"Os contos de asi foi" de Ruyard Kipling... é o libro que lle estou a ler agora as miñas crianzas... atopeino en akal e penso que non está traducido ó galego, así que teño que face-lo sobre a marcha.. ainda que erro a miudo, é doado e moi gratificante para os peques. Estaría ben que nos poidese recomendar libros en galego ou traducidos que "enganchen" ós pequerrechos (e non tanto).
apertas

11:51 PM  
Blogger Marcos Valcárcel López said...

O Faro publicaba esoutro día a grandes columnas: Vigo, a cidade onde menos se fala galego do país. É esa a impresión que se vive na rúa ou hai certo sensacionalismo no titular? Gustaríame saber a túa opinión ao respecto. Saúdos.

11:14 AM  
Blogger Peke said...

Si que está traducido ao galego, na editorial galaxia; hai xa uns anos, non sei se estará esgotado, pero haber haino.

11:15 AM  
Anonymous Anônimo said...

"Así foi", de Rudyard Kipling. É o número 12 da colección Árbore de Galaxia, na serie "de 12 anos en diante". E está vivo, supoño que se atopa en moitas librarías. Efectivamente, son uns contos magníficos para ler en alta voz, dou fe.

1:35 PM  
Anonymous Anônimo said...

Pois pode ser perfectamente que Vigo sexa a cidade na que menos se fale en galego. Aínda que na Coruña tampouco se fala moito, que digamos...

Vamos, que nos sitios onde máis xente hai é onde menos se fala o galego... Así andamos...

3:40 PM  
Blogger Martin Pawley said...

Pois eu estou seguro de que é ao contrario: Coruña e Vigo (máis a primeira) son as cidades con maior número de galegofalantes do país.

6:49 PM  
Blogger Brétemas said...

Peke, non me refería ao libro Kipling, se non ao ensaio de Swope.

9:11 PM  
Blogger Peke said...

Brétemas, eu referíame ao libro que cita pepitopato. Desculpas pola confusión.

11:39 AM  

Postar um comentário

<< Home