Finou Xohán Ledo
O pasado día dez finou Ricardo García Suárez, máis coñecido como Xohán Ledo, o ilustrador e debuxante que máis activamente participou no deseño das portadas e na diagramación dos libros da editorial Galaxia, da que foi director artístico durante as tres primeiras décadas da súa andaina. Ao seu talento debémoslle portadas como a d' A lus do candil de Fole de 1953, a primeira edición d' As crónicas do Sochantre de Cunqueiro, a primeira d' Os biosbardos de Blanco Amor ou varios dos volumes ilustrados da colección Illa nova. Colaborou en Grial e en Galicia emigrante. Médico de profesión, unha vez xubilado emprendeu a proeza de traducir para o galego a Shakespeare, publicando en 1998 dous dos cumes shakesperianos, Ricardo III e Xulio César. Colaborou, tamén, con Álvaro Álvarez Blázquez na Serigrafía Gallega. Moi difundido foi o seu cartel do primeiro día das letras galegas de 1963. En 1998 recibiu o premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo.
Mágoa que o seu pasamento pasase tan desapercibido para a prensa galega, unha mostra da dolorosa enfermidade do esquecemento que padecemos. Beizóns para un grande artista e escritor, que a terra que tanto amou lle sexa leve.
Mágoa que o seu pasamento pasase tan desapercibido para a prensa galega, unha mostra da dolorosa enfermidade do esquecemento que padecemos. Beizóns para un grande artista e escritor, que a terra que tanto amou lle sexa leve.
Marcadores: Editores, In memoriam
3 Comments:
Eu ainda conservo eses biosbardos, e algún outro, coma verdadeiras alfaias.
Gustabanme as suas ilustracions.
Sintoo pola sua familia e xente querida.
Perden a literatura e as artes plásticas galegas. Quédanos o consolo da súa obra, de grande calidade.
Postar um comentário
<< Home