"Rúa Carbón" finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006
Onte deuse a coñecer o fallo do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006. O que desgrazadamente non aparece en medio impreso ningún (ou eu non o vin) é que na acta do xurado aparece como finalista Rúa Carbón, a novela de Marilar Aleixandre (un feito que nunca sucedera no premio). Polo que sabemos a última votación entre as dúas obras finalistas foi axustadísima (5-4). Outra vez comprobamos que a fronteira para acceder ás portas da gloria sempre é ben estreita.
Marcadores: Literatura infantil e xuvenil, Premios
5 Comments:
O que non entendo é o "secretismo" do ministerio: por que non se anuncian publicamente na web cales son as obras consideradas polo xurado para o premio, polo menos as que chegan ás votacións finais?
Xa sabe vostede que a novela de Marilar (calquera, a verdade, pero esa en especial) paréceme que non resiste unha análise seria; agora ben, o perfil do gañador non me inspira moitas garantías. Claro que dun xurado que ten dentro a Antonio Mingote pouco se pode agardar...
E estea vostede tranquilo, que o ano que vén o Premio Nacional é de Xerais. Sabe a quen me refiro, non si?
concordo con o anterior comentario, me parece rarísimo que unha escrita da sra. alexandre chegue as portas da gloria.Hay xente que o merecería mais.
E lembremos que as creacions mais fermosas, como as xoias, permañecen ocultas, ou caen na invisibilidade. O resto é marketing..
Veño de ler unha desas xoias ocultas e invisibles non sei ben por qué. Atopeina nunha biblioteca municipal, alí, agochadiña, titúlase "Flor de Xiz" Despois de lela, o aroma do xiz que dibuxa esa flor, non se me esquecerá xamáis.
Hoxe saiu na Voz a nova sobre o segundo premio de Marilar
Pero que premian?
Sabemos que a calidade literaria non.
Deberiamos facer publicos os verdadeiros motivos. O que implicitamente todos sabemos.
Que premiou o Xerais?
A aposta por un protoescritor sen talento?
A peregrina idea de copar o mercado con mais lixo?
Os premios xa cumprirón a súa función, bastante negativa para a literatura galega por certo.
Non son xa un criterio.
E de promocións vai estando un xa moi farto.
Reborda por todas partes.
Postar um comentário
<< Home