16.10.06

O club da calceta

Chegan máis novos títulos do prelo. A novela O club da calceta de María Reimóndez é o máis recente. Velaí o texto que contracuberta que preparamos para presentala:

"Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina".
A novela de Reimóndez estará nos anaqueis das librarías a vindeira semana, xunto co premio de Ameixeiras e o libro de relatos de Solleiro. Tres títulos doutros senllos narradores nacidos despois de 1975. Agardamos que teñan a visibilidade que merecen.

Marcadores: , , ,

4 Comments:

Blogger folerpa said...

Agardo con impaciencia o de Reimóndez, esa calceta remite a aquel percorrido pola condición feminina a través dos escaparates das tendas de Vigo que era Moda Galega, para min unha das mellores e máis novidosas achegas da lírica galega nos últimos tempos, penso que dende o colectivo Ronseltz.
No de Ameixeiras o premio e suficiente motivo amais do meu interese, digamos, persoal.
Un saúdo.

7:25 PM  
Anonymous Anônimo said...

Si, bueno, un multiperspectivismo que te vas pola pata abaixo. Podíamos xuntar toda esa literatura barata que só fala da muller porque non sabe falar doutra cousa; parece que as mulleres só saben escribir sempre o mesmo. Antes adicábanse a facer calceta e agora imprimen as penas en papel. Máis do mesmo. ÚNICA PERSPECTIVA, sobretodo de futuro para a literatura galega.

1:46 PM  
Anonymous Anônimo said...

E por certo, nada orixinal. O mesmo se fixo no século XV co Evanxeo das Rocas. Fácil de atopar. Ed. Olañeta; no estante en Follas Novas. Mirádeo e xa veredes cómo non muda moito a cousa.

1:48 PM  
Blogger profe1mats said...

Saúdos, lin este libro pola obra de teatro, e buscando en internet datos sobre él atopei outro extranamente similar .... ide a esta web http://www.topbooks.es/libros/EL-CLUB-DE-LOS-VIERNES/124243/978-84-96748-71-2
Alguén sabe algo sobre esta coincidencia?

8:53 AM  

Postar um comentário

<< Home