Entrevista a Pedro de Llano
A aparición das nosas edicións recentes de Arquitectura popular en Galicia (en galego e castelán) suscita unha interesante entrevista con Pedro de Llano. Este volume agora moi ampliado e actualizado, un auténtico clásico (editado por vez primeira polo COAG hai vinte anos), propón unha mirada sobre a integración da nosa arquitectura tradicional na paisaxe.
Inevitablemente, tal como foron as cousas nestas dúas décadas (coa reconversión demográfica do mundo rural galego), as opinións do autor non poden ser máis pesimistas: "Estamos ante a morte dunha orde natural eterna, onde a arquitectura estaba perfectamente integrada na paisaxe natural. Ante esta violentación, como nunha cadea de atentados, estamos vendo como Galicia se vai convertendo nun vertedoiro de operacións cheas de ignorancia de todo tipo".
A entrevista remata coas opinións de Pedro de Llano sobre a Cidade da Cultura e a actual política do bipartito: "A destrución segue avanzando e o que máis me enfurece –mesmo 'sufro'– é ver un goberno malversando o noso patrimonio económico para construír a Cidade da Cultura que, todo hai que dicilo, é unha moi mala arquitectura. Somos moitos os galegos que nos sentimos agredidos coa política que o noso goberno está a seguir. As obras do Monte Gaiás, ademais, van deixar unha cultura escuálida, nunha situación horrenda, porque traga un terzo do presuposto total da área. Iso é realmente a concepión que pretendo combater coa miña defensa da arquitectura popular. Están mentindo continuamente e demostrando, día tras día, a súa infinita incultura".

Etiquetas: Pedro_de_Llano, Arquitectura, Galicia, Entrevistas
Marcadores: Arquitectura, Entrevistas
7 Comments:
Estou totalmente da cordo con vostede. É un verdadeiro desatino seguir investindo nese absurdo proxecto faraónico. Arquitectura de ouropel, tumba onde se enterrarán os nosos cartos. Nementres, a Sanidade volvese cada día máis precaria. E que decir dos nosos ancians, eses tantos que loitaron e traballaron toda a vida e non teñen na vellez recursos suficientes para vivir, morrer con dignidade.
De verdade: cada vez entendo menos estas frases "a morte dunha orde natural eterna, onde a arquitectura estaba perfectamente integrada na paisaxe natural": ¿cándo, cómo, dónde? Sinceramente eu non vexo ese edén por ningures: ¿non será a educación cristiana ou o mito do paradiso perdido a que explica todo eso? Para criticar a merda que se está a facer non é necesario remontarse a un pasado idílico que nunca existiu.
Eu o que non entendo é como inda non demos atopado ao arquitecto responsable de toda a desfeita. Inda que claro, ao mellor os arquitectos non teñen culpa de nada. Cando vexo unha entrevista a un arquitecto galego ou que traballe aquí, sempre a leo para ver se se autoinculpa, pero non, a culpa sempre é do mesmo: do cha-cha-chá. E quen é ese Cha-cha-chá? Ou un político ou un promotor. Claro. Porque os arquitectos están só para criticar o que fan os demais, sobre todo se os demais lles roubaron algún concurso. E non se deixen enganar, señores: o feito de que todas e cada unha das merdas arquitectónicas que nos rodean estean asinadas e cobradas por un arquitecto e, por se fora pouco, avaladas e cobradas de novo polo colexio de arquitectos non ten nada que ver, inda que nos pareza que sí. Os arquitectos non teñen culpa de nada. De nada. Uns, pobres vítimas, porque se queren comer (e mercar un mercedes e vivir nun pazo) non lles queda máis remedio que facer o que lles mande o alcalde ou o promotor que, lembren, son o cha-cha-chá. Outros, porque fan o que lles dá a gana, que a estes non lles sopla nin alcalde nin promotor. Iso sí, temos a sorte de que o que lles da a gana soe ser unha obra mestra que, ademais, sempre está integrada no contorno porque o di el, que é arquitecto. E se che parece que é fea e que non está integrada é porque tí non tes nin puta idea. Cala e paga.
E unha pregunta para Pedro de Llano: se a arquitectura popular é tan boa, belida, ecolóxica e enerxéticamente sostenible (ademais de barata), por que non facedes arquitectura popular e vos deixades de tocar as testemuñas ao persoal? E se o que queredes é gañar cartos (o que é lícito e respetable) e pasar á historia (o que é pretencioso, como mínimo) facede o que vos dea a gana, pero deixade de dar a barrila co feismo, que xa temos dabondo con sufrir as vosas obras mestras como para andar aguantando os vosos comentarios.
O que pasa é que unha xeneración enteira en Galicia, de intelectuais case que orgánicos, levan dando a barrila seudoprogre sobre todo e non aceptan que xeneracións xoves, máis libres, digan o que lles peta. Aupadas esas elites ó poder académico, permíteselles todo. Pregunten na Escola de Arquitectura de A Coruña cal é o nivel de cumprimento deses famosos profesionais. Sería interesante. E deprimente.
De la Highway: es un monstro.
Ahí lle doi!!!...Lume na viqueira!!!
Cada vez que escoito falar de arquitectura a un arquitecto, boto instintivamente a man á carteira.
E ben certo que o imperio dos cartos -caseque indisociabel do imperio do poder- supera con medras o da ética profesional. Eu descoñezo a obra do señor Pedro de llano por iso non podo opinar e maiormente quero deixar constancia do que me suxeriron estes comentarios: penso que esquecen o feito de que os proxectos arquitectónicos os paga alguén, as casas e urbanizacións as pagan as e os cidadáns, son, do mesmo xeito que a vestimenta, a expresión duns valores, dun xeito de vivir e pensar. Miremos, pois, o noso patrimonio arquitectónico, alí podemos vernos, como individuos particulares e como colectivo. Eu merquei un palleiro no courel, en estado ruinoso, estou tentando de reconstruilo de xeito respetuoso co patrimonio, outros mercan chalets en urbanizacións. Uns pagan balnearios e masaxes, outras camiñamos treitos e treitos pra relaxarnos. Uns saben onde están pero non onde queren chegar.Estes últimos acostuman a perderse polo camiño.
Postar um comentário
<< Home