20.2.09
17.1.09
16.1.09
«A clase»
Hoxe chega as librarías A clase, coincidindo tamén coa estrea da película homónima de Laurent Cantet, protagonizada polo autor da novela, François Begaudeau. Apostamos pola tradución da novela (un grande éxito en Francia) a comezos do verán. Un texto vibrante, de diálogo vivísimos. Un retrato demoledor da escola secundaria francesa de hoxe. Un puxilato constante entre profesorado e alumnado. Semella que volve o naturalismo. Recomendo vivamente a novela. Da película, xa falaremos, aínda que contamos con magníficas referencias.En Galicia a distribuidora Golem dispuxo dúas fitas, unha en Vigo (nos cines Norte) e outra na Coruña (nos Yelmo de «Los Rosales»).
21.12.08
Demetrio Bilbatúa
No artigo da semana recupero do esquezo do exilio a figura de Demetrio Bilbatúa, a máis importante figura do cinemadocumental mexicano.
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cine, Vídeos, Vigo
13.5.08
A mariñeira
A mariñeira, a película de Antón Dobao adaptación do conto "A mariñeira" de Darío Xohán Cabana emitirase o 17 de maio, sábado, ás 16:45 horas na TVG. Paga a pena non perdela. O trailer pode verse aquí.
Marcadores: Cine
18.3.08
Os filmes de Agustín
Beizóns a Martin Pawley que cumpre os seus cinco primeiros anos de mestre blogueiro. Agasállanos cunha nova sección "Os filmes de...", comezando cos do mestre Agustín. Hoxe, pois, todos somos dobremente afortunados.
8.2.08
Unha carta de Iciar Bollaín
Agustín recoméndame que lea a carta que Iciar Bollaín escribiu onte en El país sobre o "cine español". Proponme, ademais, que onde pon "cine español" lea "literatura galega" e comprobarei que a carta describe unha situación parella. A verdade é que o fixen ("Se non houbera literatura galega", titulei para min) é as coincidencias parecéronme verdadeiramente abraiantes (sector "subvencionado", escaparate para a nosa lingua e a nosa cultura, deixar espazo nas mesas de novidades para os libros de fóra...). Propoño facer o mesmo exercicio paralelístico coa carta de Alex de la Iglesia sobre o mesmo tema... Seguro que atopamos outras tantas semellanzas.Etiquetas: Iciar_Bollaín
15.1.08
"Os fabulosos irmáns da luz" de Olaia Sendón
O próximo sábado estréase na Punta da Barca de Muxía Os fabulosos irmáns da luz, o novo documental de Olaia Sendón que constitúe unha homenaxe ao fotógrafo Ramón Camaño, pioneiro en levar o cine á Costa da Morte. En palabras da súa autora:"O cine era ante todo espectáculo. A posta en escea desta premiere non podía obviar esta realidade e, como non podía ser menos, o evento está organizado en torno a esta idea: ESPECTÁCULO. Malabaristas, luces, sombras, siluetas animadas... xunto co impresionante entorno da Costa da Morte: o mar, as ondas, as rochas (a de abalar e a dos cadrís). Percorrer a alfombra vermella permitirá os asistentes achegarse ao Fabuloso mundo dos Irmáns da Luz."Recordamos que hai un ano, Olaia presentaba o seu primeiro documental, A casa de Lola e Andrés, que obtivo unha grande acollida nos diversos festivais no que foi presentado. Neste segundo traballo, que forma parte co anterior do proxecto Costa Difunta, revisítanse os espazos que noutrora foron cines, agora desaparecidos transformados ou botados a perder, acompañando a Ramón Camaño na súa experiencia de cine itinerante pola Costa da Morte. Un traballo moi prometedor e unha estrea, que se promete espectacular, da que falaremos devagariño nestas bretemas.
Actualización (20-01-2008): A estrea espectacular recollida en La Voz de Galicia e Galicia hoxe.
Etiquetas: Olaia_Sendón
Marcadores: Cine, Presentacións
11.1.08
"Os amigos de Chano Piñeiro"
Etiquetas: Chano_Piñeiro
Marcadores: Cine
13.12.07
"1977", curta de Peque Varela
1977 - film clip
Añadir a mi perfil | Más Videos
Añadir a mi perfil | Más Videos
Hai varios meses tiven a oportunidade de ver completa esta curta de animación de Peque Varela que foi seleccionada agora para participar no Festival de Sundance. Un gran traballo da animadora ferrolá. Beizóns.
Etiquetas: Peque_Varela
30.11.07
Celta: Tempada 92-93
Curtametraxe de Alejandro Marzoa [9 minutos]. Con Miguel de Lira e Carlos Blanco. Indispensable para persoas de corazón celeste. Case rompo a chorar. Beizóns para celestes.org por ter artellado semellante espazo de vídeos.
Etiquetas: Celta_Vigo
Marcadores: Celta de Vigo, Cine, Vídeos
21.11.07
Calceta sen fin
Vía Manolo Gago (grazas, por tantas) coñezo esta curta da finlandesa Laura Neuvonen. Sei que lle vai prestar a María Reimóndez, a nosa amiga, gran tradutora e escritora. Esta semana apareceu o seu Club da calceta en italiano, asinouse o contrato para a edición en castelán e chegou do prelo a terceira edición en galego.
Marcadores: Autores, Cine, Narrativa, Traducións, Vídeos
24.7.07
18.7.07
Libro electrónico
Esta interesante curta de anticipación, promovida polo grupo Editis, propón unha reflexión sobre o que poderá ser o futuro do libro: posible ou probable? Inevitable, diría eu. Recoméndoa.Vía Txetxu.
Ver a curtametraxe (10 minutos).
Etiquetas: Editis
Marcadores: Cine, Libro, Tecnoloxías, Vídeos
17.6.07
Audiovisual e edición en Galicia
Convidado pola Academia Galega do Audiovisual, o pasado xoves participei nun debate sobre as relacións do sector audiovisual co mundo da cultura. No acto, moderado por Nani García, participaron Quico Cadaval, Antía Otero, Antón Baamonde e Marcial Gondar. Centrei a miña intervención en analizar as posibilidades dunha maior transferencia entre os sectores da edición impresa e da produción audiovisual que en Galicia viven virados de costas. É un feito que a maior parte das producións audiovisuais galegas están realizadas a partir de guións orixinais, o que supón unha certa anormalidade.Nun recente e moi documentado traballo de Camilo Franco debúxase esta realidade: só o 7% das 70 longametraxes galegas fron adaptación de obras literarias en galego (cinco películas); porcentaxe que aumenta nos telefilmes ata o 19% (5 de 22 producións), grazas, sobre todo, ao proxecto Un mundo de historias, dirixido por Antón Dobao, que vai verquendo á televisión textos de narradores contemporáneos (os máis recentes serán A mariñeira de Quilmas, O bosque de levas e O club da calceta). Paradoxicamente, a transferencia no mellora na produción de curtametraxes (onde apenas se acada o 3%), sexan tanto as documentais como as de ficción. As posibilidades que ofrecen a actual edición infantil e educativa en lingua galega, así como os retos que propón a nova literacidade dixital, foron obxecto da miña reflexión.
Tras as nosas intervencións o debate foi animadísimo. Falouse moito sobre o uso da lingua galega no audiovisual, os enfoques que podería adoptar a programación da TVG, as posibilidades que para a nosa cultura ofrece Second Life ou a necesidade de contar cun proxecto empresarial multimedia dirixido á cultura urbana. Ao remate do debate coñecimos a noticia da produción en 2008 d' A casa da luz, unha longametraxe dirixida por Carlos Amil, baseada na novela de Xabier P. Docampo.
Etiquetas: Audiovisual_galego
Marcadores: Cine, Edición, Eventos, Televisión
27.4.07
"Diario do impostor"
Onte presentamos na Coruña Diario do impostor, a primeira novela de Héctor Carré. A presentación correu a cargo de Miguel Anxo Fernández quen iniciou a súa intervención de forma moi contundente: "paseino como dios lendo esta comedia; é divertídisima; vai ser un auténtico libro de texto para os meus alumnos e alumnas de Comunicación Audiovisual". A continuación sinalou que nunca se escribira un literatura galega e, tampouco, na española, unha obra coma este que ten o cine como argumento principal. "A novela de Carré hai moito humor e un grande pesimismo sobre o que está acontecendo no mundo do cine". Miguel Anxo rematou as súas palabras salientando que Carré continúa a tradición do malogrado Chano Piñeiro de achegar o mundo do cine ao das letras. "Esta é unha novela para recomendar", finalizou.Héctor Carré iniciou o seu discurso sinalando que intentara poñerse nos ollos dun espectador para que coñecese como se fan as películas. "Esta era unha historia que merecía ser contada nunha novela". "O personaxe do impostor, Onofre García (o nome é unha homenaxe a Eduardo Mendoza), levoume á comedia, un xénero que esixe estar moi conectado coa realidade. Na miña novela novela todo o que ten que ver co cine son cousas reais".
Actualización (28-04-2007): Albino Mallo publica en Galicia hoxe esta entrevista con Carré realizada o día da presentación.Etiquetas: Héctor_Carré
Marcadores: Autores, Cine, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais
25.3.07
5.3.07
A cova das vacas mortas
Hoxe presentamos a web.Actualización (21:30): O acto de presentación desta tarde serviu para xuntarnos unha media ducia de blogueiros interesados pola literatura: Alfredo Ferreiro, Pelachos, Martin Pawley, Folerpa, Kavafinho, Jaureguizar e eu mesmo.
Para comezar, o autor fixo unha presentación da novela e, logo, dos contidos do sitio web onde se pretende dar conta tanto do argumento e dos personaxes, como establecer un espazo de participación cos lectores por medio da realización de clips. Propóñense, ademais, diversos enlaces na rede (relacionados tematicamente coa obra) así como a posibilidade de baixar o primeiro capítulo.
Logo abriuse un longo debate (durou preto das dúas horas) entre todos os participantes, onde se reflexionou moito sobre a importancia dos aspectos formais na creación literaria, sobre qué entendemos por literatura infantil e xuvenil, sobre o papel dos blogs na creación literaria ou mesmo sobre o papel dos autores con respecto á crítica galega.
Nos vindeiros días iremos publicando algúns fragmentos da gravación deste interesante debate.
Marcadores: Autores, Cine, Internet, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Presentacións, Xerais
17.2.07
Parenthese
Parenthèse by Supinfocom é ilustración electrónica animada. Recomendable (case seis minutos).
Vía Libreros.
Vía Libreros.
Marcadores: Cine, Ilustración, Vídeos
7.2.07
Binta e a gran idea
Este foi a curta de Fesser nominada ao Óscar. Dura media hora. Creo que paga a pena. Vía Cabrafanada.






