
Desde hai anos perdéralle a pista a
Pepe Iglesias, o gastrónomo asturiano-galego que hai case unha década preparara o
Receitario estacional da cociña galega. Aquel fermoso e orixinal proxecto de catro títulos (hoxe difícil de atopar nas librarías) supuxo unha das achegas máis notables da bibliografía gastronómica galega. Agora, volvemos atopar a Pepe grazas ás marabillas da rede á fronte dun
portal moi potente, premiado xa como o mellor web gastronómico de España. Recoméndable para os blogogastrónomos.
Marcadores: Autores, Gastronomía, Internet, Xerais
1 Comments:
Con esta recomendación, non sabe vostede o feliz que me acaba de facer! Muches gracies.
Postar um comentário
<< Home