Dragona
Na narrativa galega actual, Xavier Queipo é un dos autores que máis gravitan sobre o eixo Investigación + Desenvolvemento + Innovación Literaria. En Dragona, preséntanos unha “novela de personaxes”. Nunha cidade sumidoiro, cualificada polo autor como “A cidade do esteiro”, desenvólvese a vida dunha serie de personaxes atípicas chegadas dos catro cantos do mundo, que transitan entre a desesperación e a lubricidade, entre o comportamento fútil e as paixóns máis primarias. Dragona é unha novela con banda sonora e recreación no terreo se cada máis inexplorado da narrativa galega, aquel que analiza con precisión de cirurxián os sentimentos e as paixóns coma se fosen tecidos dun corpo único. Esta novela marca, para o autor, un antes e un despois na súa procura constante, na procura do que non se ve, deses lindeiros da incerteza, o que Cortázar chamaba “o outro lado”. Dragona é unha parábola do futuro que nos espera, que está aí, que xa chega.
Aquí pode descargarse o primeiro capítulo da obra. Boa lectura!
Etiquetas: Xavier_Queipo
Marcadores: Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais
3 Comments:
Hoxe, si. Mais eu busqueino nas librerías ONTE, e algún miroume con cara de onde vas listillo.
O Verbum Jazz Café -denominación calcada do inglés, dun xeito algo pailán- está nun lugar cun bonito nome galego: Casa das Palabras.
Así é nome do local. A presentación non será na sede da Casa das Palabras, senón No Verbum Jazz Café. En todo caso, a denominación dese espazo é Samil.
Postar um comentário
<< Home