
Recibimos con grande alegría a noticia que o
premio Irmandade do Libro á autora do ano foi outorgado a
Fina Casalderrey. Recoñécese así a traxectoria dunha das autoras fundamentais no agromar desta auténtica idade de ouro que vive a nosa Literatura Infantil e Xuvenil en galego. Hai apenas dous meses publicamos
A lagoa das nenas mudas (ilustrado por Patricia Castelao, outra marabilla!), unha novela conseguidísima para rapaces de dez anos en diante, que aborda a cuestión da comunicación no novo contexto intercultural; e dentro de apenas dúas semanas aparecerá
A pomba e o degolado, título co que a nosa colección
Fóra de Xogo chega o seu número 100. Adianto que esta novela, baseada nun caso de acoso escolar, é para min a obra máis conseguida dunha autora que avanza literariamente en cada novo título que publica. Fina recibirá o premio o vindeiro
venres 23 de marzo no seo da cea que organiza en Carballo a Federación de Libreiros de Galicia na que intervirá o escritor Manuel Rivas e na que serán outorgados os premios Irmandade do Libro 2006. Alí trataremos de estar, despois da
presentación na que participaremos en Ribeira.
Marcadores: Autores, Eventos, Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Premios, Xerais
1 Comments:
Se o autor fose a chica tan guapa que sostén o libro, mercariao.
O que son as cousas
M.L.
Postar um comentário
<< Home