Saudar a vida

Seoane con esta terceira entrega (despois dos volumes dedicados á arte da lectura e á defensa da poesía) continúa o seu proxecto magno proxecto de revisión ensaística dos problemas da cultura contemporánea (ten case concluída a cuarta entrega e en marcha o volume sobre as artes que pecharía unha obra moi ambiciosa).
Pola súa parte, Xabier Alcalde, a quen coñeciamos como narrador, presenta un texto escrito con espírito lírico e inusitada profundidade filosófica sobre a resistencia en tempos de banalización.
Cremos que esta nova colección de Ensaio, xa acada os dezaseis títulos, constitúe, a pesar da súa tirada modesta, outro dos eixos do noso proxecto literario. Presentaremos estas dúas novas entregas ao longo das vindeiras semanas.
Etiquetas: Xavier_Seoane, Xabier_Alcalde
2 Comments:
Fronte tanto pensamento feble que nos invade...
Mamadou Kane: 10 anos despois
Disculpa pola intromisión, pero a contemporaneidade está chea de desmemoria, a pareceunos oportuno lembrar aquel 16 de marzo de 1997 en que Mamadou foi "paseado" polos montes de Vigo.
Alégrame moito saber que o noso amigo Javichu volve saír ó aire... a ver con qué nos sorprende esta vez? Sorte.
Postar um comentário
<< Home