Limpeza de sangue: primeira crítica na rede

"Non quero deixar de lembrar que Limpeza de sangue vai dedicada, entre outras persoas, a Roberto Vidal Bolaño. Sen dúbida, Roberto semella mestre en moitos aspectos desta obra, fundamentalmente na literariedade das acoutacións e na estrutura secuencial, pero tamén é verdade que Ruibal ten luz propia e amósase orixinal nun texto dramático cuxa gran virtude é saber oscilar entre a literatura, o teatro e mesmo o cine. Pode que sexa herdeiro teatral de Vidal Bolaño, pero Rubén Ruibal ten xa entidade propia no panorama teatral galego, ben acreditada a través de Limpeza de sangue. E seguro que Roberto se aledaría de que o baleiro que nos deixou no nivel creativo comece a ser menos espazoso."
Etiquetas: Rubén_Ruibal
3 Comments:
Aqui está todo, amor, vida, enfermidade, amizade, corrupción, decepcións, droga...e por baixo a voz do autor imprimíndo vida a un texto que xa nos tarda ver representado. Un bo traballo que nos manterá atentos á producción de Rubén Ruibal que aínde ten moitísimo que dicir.
O que é un pecado é a foto.
Brétemas e Ana, agradecidísimo.
Anónimo, élle o que hai. xD
Postar um comentário
<< Home