19.3.07

Volta de torca

Dixéronme que o autor deste artigo é un dos valores emerxentes do BNG. As súas posicións sobre o caso Valadés supoñen unha volta de torca que mete medo. Acúsanos, como supostos "intelectuais da progresía", de proporcionar "apoios nada espontáneos" (sic) á posición democrática dun militante nacionalista (deberiamos permanecer calados fronte a algo que nos semella inxusto?).
O artigo contén palabras mozas que rezuman posicións moi vellas no debate do nacionalismo galego. Toda unha andrómena daqueles que, despois de máis trinta de anos, non son capaces aínda de saír do seu cesarismo e volven debuxar liñas de exclusión (baseadas no que o autor do denomina "sentido común") entre posicións "individualistas" (en "perspectiva biográfica e personalista", as do disidente?) e colectivistas ("históricas", as da organización?).
Sinto volver expresalo, mais manexando tan pobres argumentos como os anteriores, dificilmente imos para a frente. No es aixó, companys, nos es aixó.

Actualización (24-03-2007):
Actualización (26-03-2007):
Etiquetas:

Marcadores:

14 Comments:

Blogger lantania said...

Estimado Brétemas:

Non sorprende tanto a posición de Xavier se se analiza que vai na mesma liña que Guillerme Vázquez -ex deputado- apuntaba nun artigo similar en Faro de Vigo publicado co título Caxa de bruxas e dereitos das minorías, do 14 de marzo de 2007.
Guillerme, facíao igual, non se pode estar no BNG se dalgún modo, anque ínfimo se teña unha posición de apoio ao estado de Israel. En Vigo, e no seo da UPG hai certas cousas que non se permiten.

11:27 PM  
Anonymous Anônimo said...

Amigo Manolo, "intelectual da progresía", eu estou con vostede. E sentíndoo moito por Henrique Tello, creo que vou acordarme deste artigo aí para maio.

12:19 AM  
Blogger Colazo said...

xirando a porca, non sei se nun sentido ou no oposto, pregúntolle: por que se refería a Gómez-Valadés coma o seu admirado?

Por presidir a AGAI, pola súa laboura coma responsábel da Comisión de Cultura e Lingua na comarca de Vigo, por selo coordinador da revista Enclave...? E se podería profundizar nos seus méritos.
Interésame o tema e gostaríame ter as cousas máis claras.

Tampouco me parece espontánea a foto do suposto valor emerxente do BNG

1:45 PM  
Anonymous Anônimo said...

Probablemente o autor sexa un valor emerxente dentro de determinada liña das que constitúen o "universo BNG". A mesma liña que (seica) promove a expulsión de Gómez-Valadés; a mesma que mediaticamente calou os primeiros dez ou quince días do "affaire"; e que emerxe agora, ben porque non quixo ficar máis tempo mdegullada, ben -ao mellor-, ao aproximarse a data da asemblea local de Vigo.

Hai moito máis BNG, ben o saben, e non é peor nin, potencialmente, menor. Xa que logo, non penso que sexa axeitado ter medo, porque isto é un debate e só ten medo quen desconfía das propias posicións.

Falaremos máis, probablemente. Se Pawley mo permite, e sen que isto se deba considerar admonición, un detalle: non me parece que Tello estivese moito dacordo co artigo en cuestión; e ao mellor a outros non lles importa que perda un voto.

4:33 PM  
Blogger J. said...

Lugués, se Tello, Quintana ou quen sexa non están dacordo, o seu deber é opoñerse, e non quedar calados para non contrariar á UPG.

A algúns xa nos cheira esta atitude tan aséptica por parte de moitos cadros do BNG. Neste proceso de vulneración dos dereitos máis elementais, o que queda calado é cómplice, e se de verdade a esa xente lle importa algo un BNG aberto e plural, que se pronuncien nese senso.

Non mo tome como algo persoal, non digo isto por ir contra vostede, pero creo que a cobardía de Anxo Quintana (a qué espera para pronunciarse?) é o peor que lle pode pasar ó Bloque neste momento.

Son dos que pensa que as crises son oportunidades de replantexarnos en qué nos equivocamos, e se de verdade outro BNG é posible, agora é o momento de demostralo con feitos.

5:16 PM  
Blogger Marcos Valcárcel López said...

A linguaxe delata ó autor dese comentario: pareceume estar a ler unha crítica interna dunha célula da UPG dos anos 70, dos primeiros: esa referencia a "apoios nada espontáneos de intelectuais da progresía, desde Manolo Bragado até Pilar Rahola" é toda unha xoia. Dos tempos en que algúns, lembras Manolo?, eramos criticados neses foros por "culturalistas". En fin, se hai algún semiólogo con gañas e tempo libre, que entre a fondo no artigo: con estes "valores emerxentes" e estes argumentos ó mellor o BNG en vez de emerxer, sulágase nas profundidades do sectarismo e da incompetencia.

7:27 PM  
Anonymous Anônimo said...

E eu preguntome ¿canto tempo estará ese señor e amigos defendendo públicamente un estado imperialista e que practica o holocausto?¿un cargo de responsabilidade dunha organización que defínese como antiimperialista?
Claro que para vostedes as suas posturas son ¡unha corrente de opinión dentro dunha organización!.
Pra flipar.
Srs. Valcarcel e Brétemas, fagan vostedes unha asociación de amizade galiza-marruecos que os saharauis son unha anécdota. Ou galiza-usa que o de Irak e opinable.
Porque a invasíón do Libano é algo defendible por eses señores e vostedes.
Pero como decía hoxe o seu querido amigo nos titulares da prensa "Quintana ten que decir se se pode ser xudeo e militar no Bng".
Eu que non pertenezco a ningun partido e nin simpatizo con esa amalgama chamada bng, facia tempo que non escoitaba semellante demagoxia fascita.
Pero claro, atacar a ese señor según vostedes e ser simpatizante da upg e iso é como mentarlles a bicha. ¿algun de ese partido rouboulles a moza de rapaces ou é algo mais personal?.
Sigan por esa linea que da gosto ver como o personal se desmascara...
Pobriña terra a nosa.

9:28 PM  
Blogger lantania said...

Que conxunto de lugares comúns, señor anónimo.
Se criticamos aos USA pola guerra de Iraq somos islamistas, pero se defendemos a existencia da democracia norteamericana, cos seus defectos, somos fascistas...Por iso, xa non podemos creamor unha asociación de amizade.
Que maniqueo é o mundo segundo os seus ollos!
E a vostede, xa da por sentado, que imos acusar de ser da UPG, por opinar distinto de nós?
Se apoiamos a democracia israelí, que inclúe a parlamentarios árabes, xa somos cómplices das políticas do goberno de turno?
Desa mentalidade, é claro que España, incluidos os que fomos ás manifestacións contra a guerra, somos culpables, e por tanto merecemos o 11M.
Porque, defender a independencia de Iraq como estado soberno contra unha guerra ilegal e, por tanto, non apoiar a guerra patrocinada polos USA, facíanos cómplices de Sadam Hussein e a sua ditadura?
Por favor, mellore os seus argumentos.

3:03 PM  
Anonymous Anônimo said...

Señor anónimo:Benquerido Ezine, non me manipule, ou si, faga o que vostede queira, non se corte. Apoian a democracia israeli porque ten arabes, meu ben, mellore os seus argumentos. Inglaterra foi e é unha democracia e tuvo a India baixo a sua "protección" como a non sei cantos paises africanos ate ben pouco, mediado o século XX. USA foi e é unha democracia e a lista de paises invadidos os atopará en calqueira enciclopedia. ¿Ou eso non era imperialismo para vostedes, era ser benefactor e extender a democracia, como argumenta o seu estado amigo israelita coa sua ocupación dos territorios palestinos?.
Cando falei de fascismo o dixen referíndome os argumentos do seu lider nesa asociación.
Os "gobernos de turno" do seu democrático estado invadiron non sei cantos paises,e o ano pasado o Libano pola escusa dun secuestro de dous soldados, aparte do holocausto que fan cos palestinos ¿ou é propaganda antixudea o que vemos tódolos días nos telediarios?. Claro, esquecinme que criticar os israelitas e ser antixudeu. Dígallo vostede os centos de miles de xudeos que no mundo existen que renegan como da peste dese portaavions democrático do pentágono que esta anclado sobre terra palestina dende fai 50 anos.
De tódolos xeitos sexan vostedes amigos de ese enxendro como moitos amigos hai da alemania nazi, da españa de franco, do marruecos que invadiu os saharauis e da francia de lepen, estan no seu dereito e na sua obrigación se asi pensan.

Agora que argumentar que esa ideoloxia que tan bravamente defenden pode formar parte dun partido que se autodenomina "antiimperialista" según vostedes dicen xa que forman parte desa amalgana, e se llo permiten, pois todos contentos, sigan vostedes nese partido e, para os que estamos pola libertade dos pobos e das nacions, xa saberemos que dentro do bng hai xente que xustifica ou considera un mal menor ou parecelle ben, que un pobo someta a outros e obraremos e votaremos en consecuencia.
Saude.

9:25 PM  
Blogger R.R. said...

Aínda parecéndome estraña esa Asociación de Amigos de Israel (supoño que todos levamos gravado nas entendedeiras Israel=espías=chulosdebarrio e vailles custar moito sacárnolo daí polo camiño que van) eu non me escandalizaría porque alguén queira manter unha relación de amistade con ese país. O contrario é puro maniqueísmo, como o sería por exemplo considerar que Etgar Keret é un tipo perigoso, do mesmo xeito que o sería Noam Chomsky por ser xudeu e americano. O meu argumento baseado en excepcións, en efecto, é tan doadamente rebatible como a confianza ou a defensa dos países árabes, que tamén merecería moitas obxeccións e un estudio ben fondo.

Aínda así, o asunto do post e outro e estou de acordo con quen o escribiu: que un membro do BNG escriba semellante artículo mete medo. A min pareceríame moito máis útil que as enerxías desta loita concreta contra o imperialismo dirixidas contra un membro do BNG as empregasen en definir políticas de esquerdas e en alonxarse dos amigos da dereita catalana e basca, por exemplo. Ó final fixéronlle un favor ó seu inimigo dándolle tanto bombo á postura persoal dun afiliado que non ten por que discrepar do BNG nas liñas fundamentais da súa política -se é que as ten.

E que perdan coidado polo dos votos. Habendo o que hai, votar consiste en desbotar as opcións peores. O problema é que parece que nolo queren poñer aínda máis difícil. E algúns preferimos perder o voto en opcións sen esperanza de obter representación que se asemellan algo, moi de lonxe, ó que pensamos (se é que somos capaces de facelo; por moito que nos repitamos o de "animal racional", a verdade é que o afirmación segue en entredito de tanto confundilo con lóxicas simples. Cada vez máis).

Desculpas polo rollo. E saúde.

10:40 AM  
Blogger Manuel Ángel Candelas Colodrón said...

XPI retruca:
http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070323075052

11:01 AM  
Anonymous Anônimo said...

¿Merece tanta atención quen só é quen de facer ligazóns á páxina do partido e insistir e insistir e insistir? Vale, Xabier, non es un valor emerxente. En todo o demáis, ¿tes algo novo que dicir?

4:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

Non entendo pq vos molestan tanto os artigos de Xabier Pérez Iglesias. Cando menos axudan a dar un debate real, que sustitua a ese mitin a varias voces que só defendía unha das dúas posicións.

6:25 PM  
Anonymous Anônimo said...

O artigo aparece tamén en Rebelión: http://www.rebelion.org/noticia.php?id=48566

6:39 PM  

Postar um comentário

<< Home