21.3.07

Armesto

X.F. Armesto proporcionoume a oportunidade de publicar a miña primeira colaboración en Faro de Vigo, hai agora vinte e catro anos, un feito que nunca poderei esquecer e non saberei como agradecerlle. Armesto foi o meu primeiro director, daquel Faro de comezo dos oitenta do Vigo de Soto que el quixo plural e galeguista.
Mais, Armesto pasará con letras de ouro á historia da literatura galega por ser autor de Cunqueiro. Unha biografía, unha das máis brillantes achegas á literatura biográfica escrita na nosa lingua. Un libro excepcional, unha rara avis, –premio da Crítica Galicia na categoría de ensaio e finalista do Premio Nacional– que tivemos a oportunidade de publicar en Xerais en 1987 sendo editor noso Luís Mariño, outra figura inesquecible.
Aquel libro ventureiro, escrito coa potencia e orixinalidade que lle correspondía ao biografado, reeditado en 1991, uniu para sempre as figuras de Josito Armesto e don Álvaro Cunqueiro, o seu mestre na redacción de Faro. Porén, non é feito menos relevante, que estas dúas figuras quedaron unidas no oficio de fabuladores do cotiá, no labor de contadores do extraordinario das pequenas cousas, oficios artesáns da literatura oral que Armesto desenvolveu alí onde o destino profesional o levase, fose durante tantos anos na redacción de Faro, e máis tarde, na dirección de Castrelos ou na da Universidade Popular ou como membro do Instituto de Estudos Vigueses, cátedras onde exerceu tan extraordinario maxisterio.
Armesto era un mestre en sacarlle ferro, coas armas do humor e da ironía que manexaba con galanura, aos acontecementos máis dolorosos ou complexos, mais, sabía, tamén, afiarlle a punta aos aparentemente menos relevantes que sucedían ao seu arredor. Narrados por el, todos parecían igualmente extraordinarios e relavantes. Unha marabilla!
Estou convencido que a biografía de Armesto, escrita dende a admiración e a profunda amizade con don Álvaro, contribuíu decisivamente a que moitos membros da miña xeración puidésemos redescubrir, fóra de prexuízos, a figura do mindoniense universal. Armesto, dotado dunha grande capacidade narrativa (mágoa que non se ocupase do xénero novelístico), artellou un relato vibrante, depurando milleiros de artigos e anécdotas, para ofrecernos a imaxe dun Álvaro de carne e óso que perdurará mil primaveras máis.
No entanto, Armesto, non é autor só dese libro, insisto excepcional nin de moitos outros traballos indispensables para entender a biografía cunqueirán. Publicou ademais unha fecunda obra arredor doutra das súas paixóns non menos oculta. Vigo, a nosa cidade revolcada de sal, ese volcán de dinamismos e contradicións que a todos nos vencella e que a el lle facía vibrar. Apupado polo editor Gonzalo Allegue de Nigra, Armesto publicou hai seis anos unha das obras máis fermosas e documentadas literariamente que se teñan feito arredor da nosa abella da ribeira, Vigo paixón atlántica. Anos antes, outro gran editor vigués Bieito Ledo animouno a escribir unha monografía sobre Baiona, apoiada nas fotografías do noso amigo Manuel G. Vicente.
Armesto era un pozo profundísimo de saberes e acontecidos; feito que coñeciamos os editores e aproveitabamos para realizarlle consultas eruditas que ninguén mellor ca el podía satisfacer. Aínda recordo unha das últimas conversas con el na Escola de Artes e Oficios cando lle fun consultar a posibilidade de editar a historia de Vigo de Avelino Rodríguez Elías, o que fóra cronista da cidade durante o período da IIª República. Armesto contoume daquela a lea na que trafegada, a redacción dunha biografía de Manuel Fraga Iribarne, da que nunca máis tiven noticia e, quizais, algún día se poida chegar a publicar.
Narrador natural e dotadísimo, erudito concienzudo e moi ben informado, persoa tolerante, agarimeira, das que o abrazo é a súa expresión primeira Armesto deixou un vieiro de humanidade desbordada que nos fixo un pouco mellores a todos os que tivemos a fortuna de coñecelo. Sexan para el e para a memoria dos seus, hoxe todas as nosas beizóns.

Etiquetas:

Marcadores: , ,

2 Comments:

Blogger Pablo Eifonso said...

Ás veces hai que dicir cousas un tanto duras de xente agradable, singular, ocorrente e mesmo entrañable como Armesto Faginas. Máis duras aínda se esa persoa afable e apreciada, xa nos deixou. (Tamén é verdade que dificilmente dende o mundo da edición son visibles estas cousas negativas e prevalece, como é lóxico, o Armesto ensaísta, o Armesto personaxe literario, o conversador infatigable).

E unha desas cousas duras que como vigueses e contribuíntes debemos dicir, é que foi contratado laboral no Concello de Vigo da man do compañeiro Soto, ao que accedeu cunha mini oposición ad hoc, cuns escasos 10 temas. Estivo acompañado neste singular acceso á administración pública por outros persoeiros de pro como Bieito Ledo e Mª Xosé Porteiro, que actuaron daquela simultaneamente como opositores e como tribunais entre eles.
É duro dicir que exerceu os seu traballos no Concello de Vigo, e nomeado a dedo en tódolos casos, -cando foi director (?) do maltratado daquela e maltratado agora Museo Municipal de Castrelos; cando foi director da chamada Universidade Popular- como unha auténtica canonxía. Adubiada de toda a súa simpática humanidade, pero sen transformar o máis mínimo nin practicamente aportar nada ás institucións que dirixíu.

Especial significación ten o non-trato que lle deu á magnífica biblioteca da Antiga Escola de Artes e Oficios, abandoada cando a colleu e abandoada cando a deixou.

Pódolle asegurar que en rigor, nesas "cátedras" non exerceu ningún "extraordinario maxisterio".

Dito sexa isto recoñecendo tódolos méritos do sr. Armesto, entre os que se encontraba o de vivir dun soldo pouco currado pagado relixiosamente polos nosos impostos. Iso si, sempre cunha historia marabillosamente contada nos seus beizos.

Contar estas cousas, aínda que doan, é importante. Non vaia ser que acaben dándole a medalla da cidade a Bernardo Vázquez Gil e acabemos esquecendo a historia tal e como foi, por só ver a súa faciana máis amable e dixerible.

Por certo, Bragado, contoulle Armesto finalmente por que nunca se publicou o orixinal de Rodríguez Elías, que tiña, segundo me contan, da súa man?

Que Armesto Faginas descanse en paz contándolle as súas fascinantes anécdotas á corte celestial. Mágoa que non poida rirse agora -nun aparte- dos que en solemne e ridicula ceremonia daranlle a título póstumo o devaluado galardón de vigués distinguido.


Disculpas pola dureza, saúdos cordiais e beizóns...

10:37 PM  
Anonymous Anônimo said...

NO DAR LA CARA ES DE COBARDES.

Viajando por la red, me encuentro con un comentario de “Pablo Eifonso said”,, desconozco quién es el personaje o quizás si se oculta bajo un seudónimo, cosa habitual en muchos escritores. En algún caso se suele utilizar para esconderse, para no dar la cara.
Pero cuando se dicen “cosas duras” de alguien que no puede defenderse, el seudónimo denota cobardía.
Si no es bueno hablar de alguien que no está presente, menos del que ya nunca podrá rebatir todas sus descalificaciones.
¿Cómo no informó vd. a los contribuyentes vigueses mucho antes?
Dado que se hace portavoz y defensor de los vigueses contribuyentes, podría decir muchas cosas, quizá si cabe peores, de personajes de la vida viguesa, pero claro están vivitos y coleantes. Eso solo lo hacen los valientes, los que dan la cara y no esperan a que el personaje cierre los ojos para ponerlo a caldo, como se dice.
¿Quizás esas oposiciones “ad hoc”, esos cargos directivos que Armesto ocupó eran un caramelo que alguno no pudo llevarse a la boca y de ahí la rabieta.
Además de informar a los contribuyentes de Vigo ¿qué más ha sacado en limpio? ¿ha
Quedado satisfecho?
Para este viaje sobraba el preámbulo de “agradable, singular… etc., si se trataba de dar la puñalada trapera sobraban las alabanzas previas
Ahora quedan vacantes puestos apetecibles que, el “agradable, singular, ocurrente y entrañable”, se le olvidó envidiado por alguno, ocupó por méritos propios y que seguramente recibió algún piropo por su labor, de la misma manera que judas besó a Jesús, según cuentan.
Por último quiero decirle que el devaluado título de vigués distinguido, como dice, se ha revalorizado al máximo al contar con una persona que se hizo justamente acreedora al mismo, pues el valor de las distinciones se prestigia, más en este caso, con la persona distinguida.
La valentía consiste en dar la cara, en afrontar y denunciar las irregularidades, cuando existan, y otorgar al denunciado la oportunidad de defenderse, lo demás es simplemente cobardía.
Vive, si tu conciencia te lo permite. Deja vivir, y sobre todo respeta a los muertos

La has cagado Eifondo.

Fdo./Enrique Armesto Faginas.

8:28 PM  

Postar um comentário

<< Home