
Xa aparecen os primeiros informes sobre a produción editorial en 2006. Os datos amosan que en Galicia continúa o aumento do número de títulos editados e diminúe a tirada media, as dúas variables que caracterizan o estado do sector. Se comparamos estes datos cos da
semana pasada é doado concluír que vivimos instalados no paradoxo da inflacción editorial na indixencia lectora.
Eis a reportaxe de
Faro e o informe do
Correo sobre a cuestión.
Marcadores: Edición, Lectura
1 Comments:
parécenme parámetros positivos, certamente. eu estou farta de que se lle dea tanta importancia a vender e vender (falo de número de exemplares) dende as "altas esferas" (con moitas comiñas), é triste ver a tanta xente que perdeu a paixón polo que fai e só pensa nos cartos... e logo falan de códigos da vincis e harry potters torcendo o fociño, pero venderían a mau máis útil por que estivera no seu catálogo.
canto máis aprendo deste mundo, máis medo me dá perder a emoción da páxina impresa... espero que non chegue o momento.
entón... aínda hai traballo no mundo editorial galego?
desculpa a parrafada.
unha aperta editora.
Postar um comentário
<< Home