Marilar Aleixandre en Budapest
A proxección da literatura galega no exterior é unha tarefa complexa que require un traballo demorado e sistemático por parte de todos. Afortunadamente cada vez son máis frecuentes as noticias da presenza dos nosos autores e autoras en eventos internacionais.
Estes días soubemos da viaxe de Marilar Aleixandre a Budapest para participar, entre os días 29 de marzo ao primeiro de abril, no festival internacional de poesía Europoetica Sacra, que este ano ten por tema "escribir no límite", relacións entre linguas, poetas que escriben en linguas minorizadas / distintas da materna. Marilar foi convidada polo Instituto Cervantes que apoia este festivalcomo fan, tamén, o Instituto Goethe, o Instituto Italiano de Cultura, British Council... Polas múltiples referencias que vimos na rede (non entendemos nin papa de húngaro) semella que este festival de poesía ten moita proxección. Os nosos parabéns a Marilar.
Actualización (28-03-07): Galicia hoxe amplía a información cunha interesante entrevista a Marilar.

Etiquetas: Marilar_Aleixandre
Marcadores: Autores, Entrevistas, Eventos, Poesía
1 Comments:
Először rendezik meg a Nyelvhatáron című konferenciát, amelyen a nyelvi-kulturális határok jelenségét művészek és tudósok, hazai és külföldi költők, műfordítók irodalmárok együttesen vizsgálják.
Dun xeito moi "libre" di o seguinte:
O obxectivo da conferencia ha ser a Fronteiras Lingüísticas, o significado que ten para a arte e os estudiosos, así como para os escritores nacionais e estranxeriros a fronteira lingüístico-cultural, e o xeito de actuación dos tradutores.
Porén, non se enganen: a cultura institucionalizada húngara - e téñolles aprezo por este país- pode ser unha fermosa gaiola. Unha anécdota ao respecto que personalmente vin no 2003, cando aínda vivía por aló....
http://syldavija.blogspot.com/2006/07/el-perro-e-o-valedor.html
Outro detalle sobre a repercusión das nosas letras fóra das nosas fronteiras....
http://syldavija.blogspot.com/2007/03/sobre-traducin-e-os-tradutores.html
E perdoen pola autopromoción!
Postar um comentário
<< Home