21.10.07

Fidel Castro e Galicia

No suplemento Estela de Faro de Vigo publícanse hoxe tres páxinas de adianto sobre as relacións de Fidel castro con Galicia extraídas do libro de Ignacio Ramonet (Fidel Castro. A miña vida) que publicaremos a comezos do mes de decembro.

Marcadores: , , ,

10 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Lin o avance con moito interese, Manolo, pero convirás comigo en que o titular de FdV é criminal.

12:33 PM  
Blogger Brétemas said...

É certo, Manolo. O titular non é o máis brillante dos posibles.

6:46 PM  
Anonymous Anônimo said...

Eu fíxenlle hai días unha pregunta que non tivo o detalle de que contestar. Repítoa por se agora quere ter tal amabilidade. Grazas.

É o mesmo libro que se publicou en castelán hai cousa dun ano ou así?

12:06 AM  
Blogger Brétemas said...

As miñas desculpas polo retraso en contestar a súa pregunta. A nosa edición coincide coa máis recente publica por Debate en castelán, coa excepción que non levará caerno de fotos.

7:43 PM  
Anonymous Anônimo said...

Grazas por contestar. Mais se non é impertinente preguntalo, que interese ten logo publicalo en galego? Sobre todo despois de saberse que se trata dunha obra de recorta, pega e colorea.
En fin, vostede saberá.

12:14 AM  
Blogger oko said...

O "Cien horas con Fidel", todo un éxito de vendas na Illa, e din que un dos mellores libros da Revolución. será certo?

11:49 PM  
Anonymous Anônimo said...

"Comprendo" que non conteste a miña derradeira pregunta.

10:38 PM  
Blogger Brétemas said...

Benquerido "Comprendo": nunca polemizo no blog con aquelas persoas que semellan telo todo tan claro coma vostede. Agradezo os seus comentarios e o seu interese pola nosa liña editorial, mais non podo contestarlle mais nada. O libro do seu interese foi a imprenta esta semana e estará nos andeis das librarías no mes de decembro a disposición daquelas persoas que teñan interese en lelo en galego.

8:32 AM  
Anonymous Anônimo said...

"Comprendo" que se enfade. Era unha pregunta impertinente. Que venda moitos exemplares.

8:05 PM  
Blogger Brétemas said...

Non, home, non; non me anoxo por iso. Agradézolle o seu comentario, ao que non lle falta perspicacia. Saúdos.

9:00 PM  

Postar um comentário

<< Home