Decálogo da novela do século XXI
Vicente Verdú publica en Babelia un moi interesante artigo sobre o futuro da novela no século XXI. Baixo a fórmula do decálogo (esas listas tan empregadas na rede) Verdú actualiza as regras que no entorno da nova literacidade debe preservar a narración literaria.
1. Resistirse a ser adaptada aos formatos audiovisuais.
2. Insistir na calidade da súa escrita. "El gusto de la lectura se obtendrá no del artificio argumental, el suspense policiaco, los agentes especiales, los cofres por descerrajar o los misterios divinos, sino de la intensa degustación del texto".
3. Desbotar a idea da novela como artefacto literario. "Lo que cuenta es la belleza de la inmediatez, el texto convertido en un gozoso bocado de por sí".
4. Fragmentar as historias, tendendo a copiar o blog e a comunicación fragmentada omnipresente.
5. Desbotar o fío argumental.
6. Procurar a beleza e perspicacia da escritura. "La escritura [...] es insustituible en cuanto agudiza su ser, emplea las palabras exactas y no la palabra como un andén para llevar la obra a otra versión".
7. Explorar no interior dun mesmo ou doutro atá a extenuación.
8. Desbotar a ficción e apostar pola escritura do eu. "La transmisión de lo personal da sentido, carácter y contenido a la comunicación. No hay comunicación sin comunión, no hay comunión sin comunidad, no hay comunidad sin sinceridad, no hay sinceridad sin volcar lo personal".
9. Adoptar a primeira persoa do singular.
10. Apostar polo humor. "Sin ironía no hay contemporaneidad, sin ironía no existe visión de la iridiscencia del mundo y su variable composición".
Cantas novelas con algunhas destas características coñecemos na recente narrativa galega? Quizais tamén esta recentemente premiada?

Etiquetas: Vicente_Verdú
Marcadores: Narrativa, Recurso_didáctico
3 Comments:
Moitísimas gracias polo apoio e pola suxerencia. Tereina en conta. Estiven mirando o dos medios, pero como caso particular -por iso tento buscar máis, en parte, dándoo a coñecer- non me fan moito caso. De todas formas, a ver se consigo algo aínda que xa estou algo canso de batallar e que o único que conseguira fóra que me borrasen.
Gracias de novo. Un saúdo.
Non entendo a proposta número 8: Desbotar a ficción e apostar pola escritura do eu. Precisamente na blogsfera temos sineridade e escritura do eu a tope. ----pero podería a literatura sobrevivir sen ficción? Penso que non, moi pobre sería.
Por poucos cartos, Samuel Beckett dará unhas cantas leccións sobre o eu e a escaseza do fío argumental, ademais de aportar un fino humor e ironía. Aquí, Kafka pode dar algunha pista.
Sobre a primeira persoa e o monólogo interior, Faulkner (aínda non superado) é bo mestre.
A novela fragmentaria e de secuencias curtas xa vai para o século de historia, e quizais Dos Passos poida valer.
Dos demos interiores e do eu tamén ten algo que dicir Dostoiewski.
Sobre a beleza do texto, sobran exemplos...
É o que teñen os grandes mestres, que xa o dixeron case todo (ou todo).
Se aínda quedan dúbidas, podemos repasar a Joyce.
En canto ós texemanexes do Torrente Ballester, son de todos coñecidos. Hai xurados con moita imaxinación para xustificar a "cuota" galega, e de paso facer algo de márketing. O do avance da novela non lles debe interesar moito, visto o que teñen premiado anteriormente. Novelas curtas, guións de cine, teatro... Iso xa é moi vello, meu. E os temas... Vaia, os de "sempre", o amor, a morte... En fin.
Postar um comentário
<< Home