11.1.08

"Os amigos de Chano Piñeiro"

Chegoume hoxe un exemplar d' Os amigos de Chano Piñeiro, un libro de homenaxe (formidable o formato), coordinado por Miguel Anxo Fernández e editado pola Presidencia da Xunta de Galicia. Sempre mantiven grande lealdade con Chano, figura da que son admirador incondicional, razón pola que estou moi orgulloso de ter sido convidado a participar en tan fermoso libro achegando unha pequena colaboración agarimeira. Grazas a Mariluz e a Miguel Anxo polo convite.
Etiquetas:

Marcadores: