![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEglGCCkCV3SKh7meHrx4BeKEkds2gXs6Gbu8gCSeHItHZR6TUsxEHRcBTkzfs2C0i4i3GmXSxiR8SA7iDmh-saQE7bLbKH_TooTUjU7xOwFzWMTaMqZAqSLfRS-OntK5PGUEl4l2g/s200/20080925063307-digitalizacion1.jpg)
A
polémica sobre o carácter inédito ou édito dun texto presentado a un premio literario é outra proba do moito que está mudando o mundo da edición, as súas rutinas, usos e costumes. O debate de fondo de tantas polémicas reside na dificultade de contestar á pregunta de «que é un libro?».
Leo en ediciona, un dos meus blogs de referencia sobre o debate actual sobre os futuros do libro, o que entenden por un «libro» os responsables de comunicación da
Feira de Frankfurt 2008 (onde acudiremos dentro de tres semanas): «unha das varias posibilidades de procesar, circular e difundir contido. Outras vías para lograr o mesmo propósito son os sitios web, os xogos de ordenador e os arquivos de audio». Unha definición tan ampla que abre aínda moito máis o debate. Estou xa inquedo por comprobar o que ferve no
eido da edición electrónica mundial, un dos temas principais deste
novo Frankfurt.
Rogerio Santos proporciona publica unha
interesante anotación sobre o posible estatuto dos blogs na Unión Europea. Eis outro
texto para afondar na
polémica.
Marcadores: Blogs, Libro, Polémicas
2 Comments:
Seis cuestións arredor do Premio González Garcés:
1. O que se publica na rede é "edición". Os xornais que lemos en liña están "editados". Trátase do que chamamos "edición electrónica".
2. O que se publica na rede deixa de ser "inédito" porque xa está editado en liña.
3. O que se publica na rede asociado a un nome deixa de ser anónimo.
4. Eduardo Estévez presentou un libro a un premio que non era inédito nin anónimo, tal e como requerían as bases.
5. E tour le reste c'est litterature.ç
6. Falar non ten cancelas.
Sr. cabaleiro da triste figura, nada que engadir...
O seu comentario ... 10/10
Postar um comentário
<< Home