![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgyw7E2KwewqcndJTvCfo4Dx9zjDt6KgiqsBm7EJbK9ZJrLTLTgFNg_TZP-0Gsala2aYF2YqL9Tf4xavqkI4cPggeVjnsAl3tY84UEKeAyXiTKDVcJFkYxaJ_W2JuvAvx_VHm1ucQ/s200/XG00071701.jpg)
Esta
semana continuamos coas presentacións do libro do sociolingüista
Gabriel Rei-Doval A lingua galega na cidade no século XX. Mergullados na falsa e interesada polémica sobre o decreto de uso do galego no ensino non universitario, a obra de Doval constitúe, como sinalou o tamén sociolingüista Fernando Ramallo, "un libro alerta fundamental para entender a situación social da lingua galega durante os últimos vinte e cinco anos". Ademais de proporcionar e sistematizar milleiros de datos e de realizar un estudo diacrónico da situación do galego nas sete primeiras cidades do país, o libro achega e arrisca reflexións sobre o futuro da lingua (en medios como a familia ou sobre as posibilidades da regaleguización), polo que a súa utilidade para o proceso de planificación lingúística nos medios urbanos resulta evidente.
Marcadores: Autores, Ensaio, Lingua, Novidades, Presentacións, Xerais
1 Comments:
Cunha temática supoño que semellante, a min pareceume sumamente interesante o ensaio de Ana Iglesias: "Falar galego, no veo por qué"
Postar um comentário
<< Home