Entrevista ao Leo
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiV6hy3-WS2W525suT8lGYUrxcRNAXUaLh5PcRV5VnHmvzA7eN3tUqLQdc_kaN27K8lOT67WO4M5pxlQnQ9EWJ-qAPRG5VtflA8PdkySOArWSHftoc7ex3xJk-qspe88tWbJ0wqWA/s200/gp38f02749491_98636.jpg)
Recollo algunhas afirmacións salientables destas entrevistas do escritor e músico de Matamá e promotor do Espectáculo Multimerda (recomendo, ademais, e moi vivamente a lectura dos enlaces):
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgesWFkntCgfT_U0B7ECB-sxymikr1V7WrwUHFMM_B2dY9dQhyphenhyphenF57DYAlr4aHYk-yYGo_0rxBDVlACul8DBFH0yP222nWyaaJp8QeFT_IMAXelOTT2UHo6RFOxP8oUA5sfRoWvr7A/s200/cartel+hai+cu.jpg)
- "Non comparto a idea de que se editen moitos libros en galego, penso que un moito de cantidade sempre implica un pouco de calidade."
- "Estou a prol de que se lle devolva á xente, ao pobo, algo que sempre foi seu, que soubo gardar, e que agora que llo quitan non me estraña que o abandone, a obra literaria colectiva máis impresionante que coñezo: a lingua galega, o ghallegho, o galego-portugués, o kastrapo ou como raio se lle queira chamar. Nunca entendín por que lle hai que inventar á nosa fala un rexistro "vulgar"."
- "Teño clarísimo que se non fose polo blog este libro non existía. Fundamentalmente porque son tan lacazán que de non principiar un blog nunca me había pór a rexistrar a diario as cousas que me epatan de cada día, todo o que me fai rir ou emocionarme, que é o que son estes "haicus". O papel é un soporte diferente, que impón a súa lei, que se traduce nunha escolma. Se cadra gústame máis o concepto de work in progress que impón o blog, pero inda non podemos levar os ordenatas a onde nos pete... E amais, molestas máis se escribes estas cousas nun libro ca nun blog. É algo que me sorprendeu e do que me decatei despois da saída do libro. O libro é, por desgraza, un espazo elitista e sacrosanto que cómpre emporcar e sobar coas mans."
- "É moi importante o retrete como espazo, porque é o único espazo realmente privado que nos queda. E unha das condicións para a poesía é a privacidade. Ademais, hoxendía a poesía popular só resiste nos baños."
- [Sobre o "Espectáculo Multimerda"] De convencional non vai ter nada. Vai ser unha performance na que basicamente vou cagar en directo, e polo tanto dependendo de como teña o día terá unha duración variable, quince minutos ou unha hora se estou estreñido ou retraído. E nese tempo farei todo o que eu fago no váter habitualmente: monólogos interiores, recitar, escribir, tocar a guitarra, cantar. O baño é o lugar da casa con mellor acústica, iso sábeo todo o mundo.
Etiquetas: O_Leo
Marcadores: Autores, Entrevistas, Novidades, Poesía, Xerais
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home