Galeano
Memoria
A memoria que máis me interesa, a que máis me move, é a que opera como catapulta, non a que te fixa unha áncora a unha identidade que se pode gardar nunha vitrina e pechar con chave. Creo na memoria como continuidade da vida. Non a memoria morta que nos convida a contemplar unha bolboreta cravada na parede.
Esperanza
A esperanza é unha cousa que se conquista cada día con moita dificultade e que cada día cae e se ergue cando está viva de verdade. Como todos nós, que tropezamos, caemos, dubidamos, dámonos contra a parede, fracasamos, morremos e volvemos a nacer.
Eduardo Galeano, entrevista publicada n´A man esquerda, realizada por Marcos Mariño Beiras e Araceli Varela Sánchez
Magnífico este libro de entrevistas do fillo do noso querido Luis. Os pensadores da esquerda mundial analizan o estado do planeta dende unha perspectiva emancipadora. Libro moi recomendable.
Marcadores: Sociedade
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home