Novas de "Oeste"
O xoves pasado estiven en Urroa con Manolo e decidimos retrasar a aparición de Oeste ata o outono. A trama desta novela estensa, o manuscrito avulta 400 páxinas, arrinca o 18 de agosto de 1936 na Dársena e na Praza de María Pita onde os sublevados queiman unha chea de libros, o mesmo día no que matan a Casal e Lorca.
Oeste é unha novela de estrutura arbórea, que debuxando unha especie de esfera, esculca o que ocorre á marxe da vida. A prosa é densa e artisticamente moi ambiciosa.
Estou entusiasmado. No xornal gratuito Cañas do mes de agosto aparecerá outro pequeno adianto do texto.
Foto: Manuel Vilariño.

Marcadores: Narrativa
7 Comments:
E por que non colga aquí mesmo algún outro adianto?
Farémolo, sen dúbida.
¿ Responde este post ao de Jaure de fai uns días?
Jaure está de férias, Folerpa.
Post do 11 de xullo: O peso da toga purpurea.
Efectivamente, xa o lera.
A contracapa do exemplar de hoxe de "La Opinión de A Coruña" fala desta novela de O'Rivas, e por certo citando de xeito literal frases deste blog. A verdade é que "Oeste" soa moi apetecíbel. Está a novela xa acabada, ou de aquí ao outono aínda recibirá algúns retoques? E no outono, cando? En outubro, en novembro, en decembro?
Postar um comentário
<< Home