Rabudo fíxolle unha interesante
entrevista a
Agustín Fernández Paz, quen acaba de publicar
Corredores de sombra, un thriller moral de lectura engaiolante.
Agustín ofrece aos lectores, seguramente, a súa novela máis traballada e conseguida, con moitos niveis de lectura, momentos de gran tensión e unha proposta de reflexión complexa. A indagación sobre a orixe dun crime leva á xove protagonista a esculcar no seu pasado familiar, determinado polos acontecementos da represión nos días do Alzamento, e a modificar, dende entón, o seu xeito de encarar a vida. Esta novela memorable, que recomendo vivamente, semella pechar a súa triloxía da memoria, formada ademais por "
As sombras do faro",
Noite de voraces sombras.
Corredores de sombras será axiña publicada en
castelán, formando parte , con outras tres novelas, da
BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. Todo un orgullo para a nosa literatura.
Marcadores: Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil
1 Comments:
Sendo de Agustín, será boa (non como aquela de Marilar que nos recomendara, non sei se me explico).
Postar um comentário
<< Home