A Cova das Vacas Mortas
Hoxe aparece a primeira crítica sobre a última novela de Jaureguizar, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2006 de literatura xuvenil. A crítica de Isabel Soto é moi boa, chamando á lectura:
Hoxe, tamén, pechamos o compromiso da edición de Salitre (xa vai na 4ª edición) en castelán, o que constitúe un feito moi a salientar.
"En definitiva, o conxunto conforma unha suxestiva historia que ha espertar a curiosidade do lector pola súa lograda construción e a intelixente dosificación de elementos reais, ao servizo das necesidades ficcionais (comunidades hippies e nazis en Galicia, inversión de papeis, o pasado do avó e a súa decisión de morrer canda as súas lembranzas, a funcionalidade da cineasta alemá, os presupostos nazis ante os que tomar partido, a actitude do sinistro profesor Robles…). Engadamos a axeitada combinación de ritmo e intriga, o acerto no ton narrativo, a prosa áxil e a naturalidade dos diálogos, e teremos como resultado unha narración á que lle auguramos éxito entre os lectores".A Cova das Vacas Mortas presentarase nas próximas semanas (anunciaremos data axiña), coincidindo coa apertura da nova Biblioteca da Fundación Caixa Galicia en Compostela. Logo, temos previsto unha presentación virtual da novela, con presenza de blogueiros en Vigo (quen queira apuntarse que mo faga saber), ademais da apertura dun sitio web específico da obra (quedou moi xeitoso).
Hoxe, tamén, pechamos o compromiso da edición de Salitre (xa vai na 4ª edición) en castelán, o que constitúe un feito moi a salientar.
Etiquetas: Jaureguizar, Narrativa, Literatura_Xuvenil, Xerais
Marcadores: Autores, Literatura infantil e xuvenil, Xerais
17 Comments:
Se Jaureguizar espera consagrarse coas babecadas de Isabel Soto vai dado. E vde., Sr. Bragado, non debería acreditar en comentaristas de tan baixa caste.
Eu apúntome a esa presentación virtual e a darlle caña ao dono do bar dun xeito real. Que vaia entrenando.
Isto é o malo de Internet. Calquera pode adoptar o alcume que lle pareza e insultar aos demais con toda impunidade. Sería moito pedirlle ao tal Chocolate Espeso que razoase minimamente a súa opinión? Non sei se a novela de Jaureguízar é boa, mala ou regular. Pero en todo caso considero que a crítica de Isabel Soto (a quen coñezo e aprecio, aínda que hai case unha década que non nos vemos) merece un mínimo de respecto. Perdoe a irrupción, Brétemas, e permita que aproveite a ocasión para felicitalo e felicitarme polo éxito do Bernabeu do outro día.
Esquecíame. Supoño que a aditorial xenerosoa cos participantes nesa virtual presentación fará un envío previo do libro para a súa lectura crítica.
Jaure non chega con miralos. Hai que levantar o cu do sófa e practicar ese prodixioso xogo de pernas de Alí.
Señor Veloso, Isabel Soto é, ao meu ver e ao de moit@s coleg@s da universidade,un claro exemplo da endogamia que padecemos no sistema literario galego.Como crítica literaria non ten ningún nivel, repite naderías mal asimiladas.
Moi interesante! :)
Podería concretar un pouquiño en que consiste o convite para blogueiros? Trátase dunha presentación virtual para seguir e participar desde calquera ordenador conectado á Internet?
Haberá unha presentación sinilar na Coruña?
Parabéns ao Señor Autor e aos Señores Editores.
Almiral Mouchez
Non lin o libro de Jaureguízar, pero creo que a literatura xuvenil en canto tal merece unha reflexión a fondo. É necesario escribir obras especificamente para xente nova (que non para nenos)? A literarura "adulta" non reviste interés a esas idades? E se é así, por que? Por outra banda,significa literatura xuvenil, literatura de segunda, de menor calidade? Non afirmo nada, só interrogo(me). Un saúdo.
O señor (ou señora) Chocolate Espeso (e Pezoñento!, calquera o bebe!) debera de facernos o favor completo e informarnos de quen son os comentaristas "de alta caste". Se, de paso, atende o pedido do señor Veloso, pois mellor que mellor.
Veloso di: "Isto é o malo de Internet. Calquera pode adoptar o alcume que lle pareza e insultar aos demais con toda impunidade".
Eu digo: "tamén pode loubar con toda impunidade"
E, sen alcume e con nomes propios, tamén un pode buscar complicidades, pagar favores ou pretender canonxías. O anonimato tenche o seu aquel transgresor e impío.
E o malo de internet somos nós. Pero tamén o bo. Qué carallo!
O problema creo que non é nin o anonimato nin o nominalismo de determinados comentarios. A cuestión está na racionalidade ou non das opinións que se verquen e a forma de expresalas. Ofender, descualificar ou minusvalorar as persoas non é o mellor vieiro para abordar un debate intelixente, sexa sobre cuestións literarias (como as deste post), políticas ou de calquera outra clase. Un pouco de sentidiño tamén debería ser outra das características deste soporte de expresión en liberdade. Ou non?
Interesante, si. Eu en principio apúntome, para poder darlle a tabarra a Jaureguizar con Leni Riefenstahl.
O problema do nominalismo é que seguimos a reproducir comportamentos de aldea. A nosa literatura é un couto tan fechado que os que non se coñecen hanse coñecer axiña, pero iso, en si mesmo non sería malo se non fose polos odios eternos que conlevan certas diverxencias. Sexamos sinceros, neste país lévase moi mal a discrepancia de opinión, moito máis se antixe a un mesmo, por iso é mellor curarse en saúde.
En canto a Jaureguízar creo que, por riba de escritor é todo un personaxe demasiado afeccionado á polémica. Poucas cousas interesante del teño lido, aver se esta vez se esmerou un pouco máis.
E dálle coa aldea! Hai uns días, Marta Rivera de la Cruz, aproveitando o seu Planeta para chamarnos aldeanos por excluíla (sic). Agora, o Anónimo Cobarde sae co dos "comportamentos de aldea". E logo que ten a aldea?
Considero que responder é darlle de comer ó troll (non no sentido do blog, ai o troll son eu) senón no literario. Se quere polémicas que lle dean máis publicidade há de buscalas por outro lado, ou probar a mudar o seu xeito de escribir. (Todo isto dígoo con toda a sincera cordialidade de que me creo capaz).
Cando me decatei de que había dazaoito comentarios... Que divertido isto dos blogs, non si?
Será este o post ó que se refire hoxe na súa columna da Voz Caneiro?
Postar um comentário
<< Home