14.1.07

Entrevista con Alberto Manguel

Recomendo moi vivamente a entrevista con Alberto Manguel, o grande sabio sobre a lectura, de quen teño a fortuna de estar lendo estes días La biblioteca de noche (unha marabilla que estará nas librarías nuns días!, na que reivindica o carácter da biblioteca como espazo matricial). Un libro que merecerá unha anotación vagorosa no blog nos vindeiros días.

Da entrevista de onte co sabio lector políglota recollín todas estas afirmacións imprescindibles:
  • Los seres humanos podemos ser definidos como animales lectores. Creemos que el mundo natural hay que descifrarlo. Vivimos en esa paradoja: saber por un lado que este mundo no tiene ningún sentido y preguntarnos el porqué de las cosas.
  • Las calidades que tiene la tecnología, por razones económicas, son las que nuestra sociedad pone por delante. Hace cincuenta años la biblioteca estaba en el centro de la sociedad, nadie discutía que leer era importante, pero el capitalismo salvaje actual no puede permitirse un consumidor lento. La literatura, en cambio, requiere lentitud, requiere que te detengas, que reflexiones, que nunca alcances una conclusión. Nunca puedes saber si Don Quijote está loco o no. Como sociedad tenemos que decir que el acto intelectual es importante. No puedes pedir a un adolescente que lea cuando le estás diciendo que toda actividad que no te dé una ganancia inmediata y visible es inútil. Creo que no existen seres humanos no lectores. En la sociedad actual es como si fuésemos misioneros de una religión en la que la iglesia central ya no cree.
  • La historia del libro corre paralela a la de la censura. Una de las cosas esenciales que proporciona la lectura es aprender a pensar, y no hay nada más peligroso para el poder que un pueblo pensante. La tarea del político es más fácil frente a un pueblo idiota, educarnos en la estupidez es quitarnos los libros, y eso siempre ha sido tarea de dictadores.
  • ¿La lectura queda finalmente como un acto de rebeldía? Siempre lo ha sido. Primero porque se valora la acción y no la inacción y porque conduce a la reflexión, y eso siempre es peligroso. Y porque a través de la lectura empezamos a conocer quiénes somos. En el futuro, leer será no sólo un acto de rebeldía, sino también un acto de supervivencia. Si como lectores nos resignamos a que nos impidan leer la buena literatura nos vamos a condenar a ser menos humanos. Es un riesgo que, por supuesto, no podemos correr. Ya estamos al borde de la catástrofe porque hemos destruido el mundo natural y ahora estamos haciendo todo lo posible para destruir el mundo intelectual. Hay que actuar ahora. Pero ahora quiere decir hoy.
  • El amor por la lectura es algo que se aprende pero no se enseña. De la misma forma que nadie puede obligarnos a enamorarnos, nadie puede obligarnos a amar un libro. Son cosas que ocurren por razones misteriosas, pero de lo que sí estoy convencido es que a cada uno de nosotros hay un libro que nos espera. En algún lugar de la biblioteca hay una página que ha sido escrita para nosotros.
Etiquetas:

Marcadores: , , ,

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Bos días, Brétemas
En primeiro lugar teño que dicir que eu, ignorante, non sei quen é Alberto Mangel, aquí calificado como "sabio sobre a lectura" e "sabio lector políglota". Tales calificativos impresionan, e dá un pouco de medo meterse con el, pero como parece que el mesmo é amigo da reflexión e da rebeldía, permítome algún comentario, como digo, máis propio dun ignorante que dun sabio.
"Hace 50 años la biblioteca estaba en el centro de la sociedad": gustaríame que me explicaran onde estaba este señor hai 50 anos (1957), cando non había bibliotecas públicas máis que nas grandes cidades, absolutamente infradotadas, e nas universidades, igulamente infradotadas e a disposición dos catro gatos que estudaban daquela. Seguro que no eido privado, sempre dentro dunha franxa moi minoritaria da sociedade, había grandes bibliotecas e unha vida intelectual abraiante, pero non era nin moito menos o común (nin é un modelo envexable). Di máis adiante que a tarea dos dictadores sempre foi a de quitarnos os libros: enorme contradición sería atopar as bibliotecas no centro da sociedade na España de 1957.
Tampouco estou de acordo con "no puedes pedir a un adolescente que lea" dando por suposto que non len, cando as estatísticas din todo o contrario. É certo que a afección lectora sofre un baixón nesas idades, pero con respecto as lecturas infantís, non con respecto á lectura a idades máis avanzadas. Ademais, e grazas ás lecturas obrigatorias do ensino medio, sospeito que é na adolescencia cando moitas persoas acceden á única literatura de calidade á que van a acceder na súa vida.
Paréceme algo forte a afirmación "creo que no existen seres humanos no lectores". Hainos a mazo. Tal vez non no seu mundo, pero hainos. Seres humanos en todos os sentidos: atrévome a dicir que alguén menos ignorante ca min podería dar centos de exemplos de grandes e cultísimos lectores que non se destacaron polas súas calidades humanas.
Por último, tampouco estou de acordo coa visión apocalíptica da última cita ao respecto da lectura e da vida intelectual que para Mangel leva unida: dígame, señor Brétemas, se non é certo que nunca tanto libro se vendeu e tanto libro se leu como agora.
Bos días de novo e un saúdo.

2:34 PM  
Blogger R.R. said...

Admirado señor de la Highway61, por primeira vez vou discrepar do que escribe, ;-):

Creo que cando o señor Manguel fala da blblioteca como centro hai cincuenta anos refírese ó libro como un todo, como ferramenta fundamental de acceso ó coñecemento, da que foi desplazado, e de que xeito, polas novas tecnoloxías. Non fala do acceso á ferramenta, que xa sería outro tema, ¿non é?

Un abrazo para vostede e outro para o señor Brétemas por ofrecernos -¡unha máis!- interesantes entrevistas.

12:15 PM  
Anonymous Anônimo said...

Ola, Rubén.
Que ben que discrepes! Inda que teñas razón (que terás) en que con biblioteca se refire ao libro como todo, sigo a pensar que o que di resposta a unha visión limitada da realidade. Nos anos 50 máis de 3/4 da poboación era analfabeta funcional, así que malamente a lectura podía ser o centro de nada. É certo que era a única ferramenta de acceso ao coñecemento, pero era só accesible para catro gatos.
En fin, que me parece que D. Alberto sinte nostalxia dalgo que nunca existíu para a meirande parte da poboación ou, por dicilo doutro xeito, que escolle un modelo cultural respecto do libro non válido por inexistente ou por elitista. Repito: nunca a xente leu máis e mellor que agora.
Por outra banda: agardamos os dylanitas os pos prometidos.
Saúdos.

2:10 PM  

Postar um comentário

<< Home