Zapatero e El Pais
O desencontro de El Pais con Zapatero, agravado tras o atentado de Barajas, é un feito ao que non parecen alleas as mudanzas que se están producindo na dirección de Prisa. A posible aparición dun novo xornal de esquerdas e o achegamento do presidente a El Mundo son síntomas de que algo importante se está movendo nos xornais de Madrid. Juan Varela ven seguindo atentamente o proceso. Recomendo as súas anotacións.
2 Comments:
A entrevista de Javier Moreno a Zapatero foi impresionante: nunca vira tal cousa en EL PAIS: una requisitoria en toda regra, por outra parte interesantísima e digna dun xornal independiente. Pero non creo que vaian máis alá: hai demasiados fíos entre o PSOE e EL PAíS (véxanse as crónicas de Azpeolaza).
E porque EL MUNDO publique en portada unha foto entre PJRamírez e o presidente en actitude cordialísima (semellante á clásica balconada de Aznar, Rato e PJ) non creo que vain baixar a súa presión sobre 11-M.
A razón de todo, parece estar na licencia concedida á Sexta, xusto cando Canal + decidiu converterse en Catro e programar en aberto. Non lles gustou moito a Prisa, pero... O tempo ha dir que pode ocorrer.
Hoxe a pastoral de PJ, o discurso diante de Zapatero. A entradiña é moi significativa diso que vostede apuntaba.
http://www.elmundo.es/elmundo/2007/02/03/espana/1170540853.html?a=8538d841de3d374238a5af3be84f9075&t=1170616379
Postar um comentário
<< Home