"Votos de riqueza", de Ignacio Castro Rey
En duascentas sesenta e catro páxinas, Ignacio Castro Rey, utilizando unha voz indignada e empregando unha lente sociolóxica, inserida nunha tradición filosófica (ancorada en Nietzsche e nos seus epígonos contemporáneos, Foucault, Deleuze e Baudrillard), debuxa un panorama bastante desolador e feroz do noso tempo, o do capitalismo real. Pois diso trata Votos de riqueza, de analizar o paso do capitalismo produtivo ao capitalismo especulativo actual, centrado nos sectores de servizos, no que a primeira produción é a informativa e a materia prima, en palabras do filósofo compostelán, "é a propia humanidade".
Artellada a obra con semellante propósito, empregando unha certa mentalidade tráxica, como voz transversal que moumea nas páxinas, non é esaxerado cualificar o libro como feroz, vehemente, intenso, denso, ácedo, máis tamén luminoso, divertido e profundamente irónico. Unha voz afirmativa e pouco pudorosa, interpela ao lector dende o prólogo, onde se adianta os propósitos do ensaio: criticar a cultura do consumo como manifestación primeira e máis acaída da pulpa do presente. Castro propón un acceso crítico á nosa cotidianidade procurando deste xeito una achegamento sistemático a unha esencia excluída. A voz que nos fala e a lente que utiliza pretende achegarse, dende a indefinición común, ao presente que vivimos e ao malestar que produce.
Para achegarse a unha existencia consumista e á banalidade exasperante que a caracteriza, utiliza como metodoloxía a intuición recorrente. Ignacio Castro pretende achegarse ao consumo (unha forma dinámica do odio e do rexeitamento), dende diversos espazos e ámbitos temáticos. Comeza coa prohibición do tabaco nos espazos públicos (unha "manifestación do fascismo de balneario", chega a dicir). Continúa con varios capítulos dedicados ao medo, nas súas diversas manifestacións, sexa baixo a forma de terrorismo, da crise económica, das catástrofes naturais, do cambio climático, da SIDA ou das guerras rexionais televisivas. Profundiza a súa análise no eido da publicidade e das marcas (ás que lles concede os capítulos centrais), para proseguir coa arquitectura, o urbanismo (e os seus "sen-lugares"), a "violencia verde" (criticando contra corrente o ecoloxismo político actual), a mocidade e a educación (para min os mellores capítulos), o deporte (e a súa obsesión vigoréxica) e a televisión e o seu "star system". Ata chegar ao apoteósico capítulo dedicado á sexualidade, concibida como un mecanismo de control individual.
En todos os capítulos reitérase a crítica á violencia comunicacional postmoderna, o que Agamben, un dos autores máis citados no ensaio, denomina "estado de excepción", ou a concepción do "mundo como supermercado", roubándolle a metáfora a Houllebecq, outro dos autores máis citados por Castro.
Esta disección rabuda do mundo presente no "Polo Norte" do planeta remite a cinco grandes cuestións:
1. A fragmentación envolvente do tempo actual, no que pasamos irremisiblemente da condición de cidadáns á de consumidores.
2. Fragmentación bipolar que provoca a ruptura do relato das nosas vidas e o rexeitamento de calquera tipo de finitude, de diálogo real e de disenso. Perdemos a conversa. As consecuencias deste fenómeno sobre as identidades individuais e as construcións colectivas son aterradoras: o desarraigo e o illamento das individualidades, paradoxicamente hiperconectadas e hipercomunicadas a distancia por medio das tecnoloxías dixitais.
3. Illamento confortable e portátil que se amosa coma síntoma dunha cultura da descontinuidade e do desarraigo, do ruído dixital das pantallas (refugando un silencio, que é aterrador para unha sociedade de televidentes), da velocidade (onde non existe tempo nin espazos para pausas ningunhas) e da impaciencia xeralizada no traballo e mesmo nun lecer absolutamente terciarizado.
4. Descontinuidade que alicerza un individualismo atroz, unha cultura do consenso infinito, unha sociedade de totalitarismo democrático, onde non existen fronteiras entre a dereita e a esquerda, onde a sospeita e o medo son permanentes.
Tras semellante análise, Ignacio Castro non propón conclusións, nin sequera terapias para aliviar este malestar. Apenas continuar nesta indagación crítica e desenvolver unha ética da desaparición, da resistencia –diría eu–, onde teña cabida a finitude, a proximidade e o acougo. Deter esta vertixe, parar a ler con vagar, conversar, recuperar a rúa, gozar dos silencios, arriscarse ao compromiso de amar, aliviaría esta enfermidade do presentismo? Votos de riqueza contén unha proposta ética, mais non un programa de rexeneración política. A Ignacio Castro Rey abóndalle que as súas palabras estean comprometidas co que está por chegar.
[Fragmentos da intervención na presentación de Votos de riqueza. La multitud del consumo y el silencio de la existencia, Marco, Vigo, 27 de maio de 2008]

Marcadores: Autores, Ensaio, Presentacións
1 Comments:
Outro descoñecido por estes lares. Recomendo a visita a súa páxina web (mágoa que non sexa un bló) ten unha chea de escritos ben interesantes, sobre todo os relativoa á critica artística. Por outra banda, este pensamente, aínda que coincido en case todo, está na onda do actual pesimismo perante o estado tan aparentemente perfecto de organización da que nos dotamos. O que non concordo é como despois destas reflexións remata por botar de menos a aparición doutra grande potencia ¿non somos quen de imaxinar outro tipo de solucións que non pase polo empoderamento dun grupo en detrimento do resto? Prefiro propostas máis simples e atinadas, aínda que máis utópicas, como as de Jesús Mosterín que atisba a solución na desaparición de estados e nacións e, polo tanto das fronteiras, que son as que artellan tódalas liortas e desgracias dos homes. E de paso aproveito para recomentarvos esa lectura "La cultura de la libertad".
Postar um comentário
<< Home