4.3.07

Vigo: tirar do fío

Hoxe El Pais de Galicia publica unha información sobre os asuntos de Finca do Conde e do xeneroso "apoio" de ING Real Estate á Volvo05. Unha atención moi oportuna (como tantas outras que se veñen publicando neste medio, xa de referencia) e clarificadora sobre o qué está sucedendo no Vigo gobernado polo Partido Popular. Estou convencido que tirando do fío, estes dous temas poden dar moito de si. Desde hai tempo vimos salientando que en Vigo non son florciñas todo o que reloce.
Actualización (20.18): É de xustiza recoñecer que Vigoblog hai xa un ano tirou dese fío como de tantos outros. Merecidas beizóns.
Etiquetas:

Marcadores: ,

3 Comments:

Blogger Manuel Ángel Candelas Colodrón said...

Haberá que facerlle unha homenaxe ao honesto Mauricio Ruiz. O tempo pon a cada un no seu sitio e de seguro que Mariño debe estar a rir por algures. O malo é que Caballero é da mesma estirpe ca Corina e non vai contar co honesto Ruiz (e si cunha figuriña de cristal chamada Chus Lago) e que Santiago Domínguez non ha ser capaz de vencer a historia do seu propio partido nestes derradeiros anos en Vigo. E, polo tanto, a quen votar?

6:14 PM  
Blogger Ana Pintens said...

memoria,bendita memoria aínda que sexa na rede.

7:54 PM  
Anonymous Anônimo said...

Coitadiño: Claro que o millon de euros que se leva gastados Caballero en publicidade do noso peto non paga a pena que sexa titular del elpais. Arume non te queixes que o que sobra é a quen votar en Vigo, grupos de tódalas cores. En canto o de honesto Mauricio, honesto para os que o puxeron nesa maravillosa lista. ¿onde estan as suas críticas os dibuxos de Caballero para o frente litoral con todas esas alturas tapando o mar?¿ou é que esas son boas e malas as torres en beiramar?
Canta demagoxia....

9:30 PM  

Postar um comentário

<< Home