
Tal como tiñamos
anunciado hai case un mes, o vindeiro luns, 5 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar nos locais da editorial a
presentación da web da novela de Jaureguizar, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil (xa vai na segunda edición). Teñen comprometida a súa participación, ata agora, varios blogueiros (
Martin Pawley,
Alfredo Ferreiro,
Pelachos ou
Folerpa) que interpelarán ao autor sobre a novela, sobre os contidos da web (a primeira que promove a editorial sobre unha das súas obras) e as súas posibilidades para fomentar a súa lectura ou sobre calquera outra cuestión que consideren pertinente. O acto gravarase en vídeo e o martes publicaranse fragmentos na rede. Todas as persoas interesadas están convidadas.
Marcadores: Autores, Internet, Presentacións, Xerais
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home