Terra de Melide


Ben interesante foi, tamén, a visita que realizamos ao modélico Museo da Terra de Melide, un centro arqueolóxico e etnográfico moi cuco (recomendo tanto a visita virtual como achegarse a realizar unha visita vagorosa) que rexe o Centro de Estudos Melidense. O traballo do seu fundador e director, Xosé Manuel Broz Rei, é verdadeiramente hercúleo ofrecendo unha completa presentación da cultura da Terra de Melide, no eido arqueolóxico (con importntes pezas das escavacións do castro da Graña, Toques), etnográfico (con mostras dos oficios tradicionais e vilegos) e na súa relación co Camiño de Santiago. Un modelo magnífico de "folk museum", que moitos nos recordou a experiencias semellantes que coñecimos, hai varias décadas, de museos ingleses e escoceses. Só nos faltaron uns ricos (os dóces típicos melidenses) para completar un serán moi entrañable e interesante, onde non faltou unha acollida agarimeira dos nosos anfitrións e amigos de Melide.
Etiquetas: Melide
Marcadores: Cultura, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais
3 Comments:
vaia, manolo, quedo toda sorprendida ao ver que xerais publica o terra de melide, xa que o estaba facendo franka editora.
a xente de melide é estupenda e moi acolledora. sempre estará esa sensación permanentemente na miña memoria.
Si, aceptamos a proposta que nos fixo o concello de Melide no pasado outono. Entendo que Franka editora declinou continuar.
Melide....Melide.....Haiiiii
Postar um comentário
<< Home