A presentación de Silverio

Sabela Labraña comezou a súa intervención salientando que a novela do Silverio constituía "unha invitación a vivir, situada ao comezo da primavera". Continuou expresando que esta era unha "novela de lectura doada, agradable, escrita nunha linguaxe sinxela e moi preciosa, organizada en pequenos parágrafos a xeito de fotogramas, propón unha reflexión sobre as profundas transformacións que no Jordi, o protagonista, provoca a relación amorosa con Eva, unha rapaza alemá que busca en Barcelona a felicidade". Entre as transformacións que Eva provoca no Jordi, e o Jordi nos lectores e lectoras, Sabela Labraña citou, entre outras: a conciencia da presa coa que vivimos na cidade; o coñecemento de experiencias da liberdade; o descubrimento dos barrios marxinais barceloneses e a solidariedade que hai neles; o esfrozo por liberarse de prexuízos; a miradas consciente sobre os espazos; a aprendizaxe do goce de camiñar por Barcelona; a aceptación da vida tal como é; a sensualidade como parte da vida; o corpor e a experiencia sexal como parte esencial da vida. Como remate a sa intervención, a profesora Labraña propuxo unha lectura en clave taoísta da novela do Silverio: aceptar o pracer e a dor como compoñentes da vida.
Pola súa banda, Silverio Cerradelo, tras expresar a súa satisfacción polo desenvolvemento do acto, sinalou que era consciente que a súa novela era moi atrevida, tratándose da historia dun amor transgresor coa que quedara emocionalmente moi vencellado. Explicou que o seu xeito de escribir era reescribir, sobre todo grazas á enerxía que lle supoñía facelo en galego. "Para min isto é moi emocionante. Escribo en galego, sendo consciente do papel da nosa lingua, por razóns emotivas e afectivas".
Tras unha lectura de varios parágrafos da novela por parte dun Silverio moi emocionado, abriuse unha quenda de intervencións. Entre elas, a profesora Helena González manifestou a súa ledicia pola presentación salientando "o erotismo absolutamente impactante da novela do Silverio".
Unha presentación impactante e emocionante. Unha fermosa noite barcelonesa ás portas do Sant Jordi.
Actualización (29-04-2007): Entrevista con Silverio na Voz de Galicia.

Etiquetas: Silverio_Cerradelo
Marcadores: Autores, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais
3 Comments:
¡que envexa! dan ganas de facerse catáolico, apostólico e roma(n)ico só por visitar a Sant Jordi.
Entón... quedamos que o ano vindeiro volves a BCN? A presentación foi bonita, cordial e moi para lectores. Bon stjordi!
Citas de Osho lidas por Sabela Labraña na presentación do libro do Silverio, e que o explican bastante ben:
“O corpo é a túa terra, as túas raíces. Escoita a súa linguaxe, descodifícaa e pouco e pouco, segundo vaias penetrando no libro do corpo e pases as súas páxinas, chegarás a te decatar de todo o misterio da vida”.
“Non loites contra o corpo, aprende a fluír coa existencia de xeito que non haxa lugar para a culpa nin que se produzan feridas".
Postar um comentário
<< Home