9.4.07

Marina Mayoral: "Case perfecto"

Hoxe recibimos do prelo os primeiros exemplares de Case perfecto, a nova novela de Marina Mayoral. A autora de Chamábase Luis propón unha indagación sobre os territorios da fronteira entre a ficción ou a realidade. Marina obriga a cada lector ou lectora a tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crime "case perfecto" ou dun moi desgraciado suceso, produto do azar. Unha novela, escrita nunha poderosa primeira persoa (un longo monólogo de case trescentas páxinas), que debuxa a trama complexa de sentimentos (afectos e rancores) que une e desune aos membros dunha familia.
Sairá ás librarías a vindeira semana e pretendemos presentala coincidindo con Culturgal. Cremos que é unha boa noticia o regreso dunha das nosas narradoras clásicas.
Etiquetas:

Marcadores: , , ,