5.11.07

"Madeira de Zapatero"

Hoxe colgamos o adianto en PDF da introdución de Madeira de Zapatero, o retrato do presidente do Goberno preparado por Suso de Toro. O libro estará nas librarías galegas, a partir do vindeiro mércores, e a primeira presentación da obra terá lugar na sede do Instituto Cervantes de Madrid, o martes 13 de novembro, coa participación de Angels Barceló, José Saramago, Zapatero e Suso de Toro. A edición castelá sae en RBA e a catalá aparecerá na Magrana, no primeiro trimestre de 2008. Non podo agachar a miña grande satisfacción por ter editado este importante ensaio, unha obra moi literaria e coral, que sitúa a edición galega no centro do debate político e da actualidade editorial.

Actualización (08-11-2007)
: Hoxe La Opinión da Coruña e Faro de Vigo publican un adianto dalgunhas das testemuñas de Zapatero publicadas no libro. Na prensa conservadora de Madrid tamén aparecen as primeiras valoracións do libro. El País anuncia a celebración o vindeiro mércores, 14 de novembro, dun encontro de internautas con Suso de Toro.

Actualización (09-11-2007)
: Entrevista a Suso de Toro en El País-Galicia.

Marcadores: , , , ,

23 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Con Suso descubriremos cousas novas do personaxe, seguro.

9:04 PM  
Blogger cneirac said...

Non sei se o acabarei lendo. De entrada a súa existencia non me sorprende, e non esperta en min esperanza algunha de achar nel algo que me sorprenda e que non poida ter advertido nos artigos xornalísticos de Suso ou na praxe política do Goberno.

A noticia tráeme á cabeza un artigo/entrevista sobre Josep Borrell escrito por Manuel Rivas e publicado no seu día en el País Semanal. Aquel texto, a pesar de ser de boa cuaidade, non deixaba de ser un relato de política-ficción que nunca chegou a existir nesta a nosa realidade.

Teño para min que o proxecto Zapatero que moitos esperaban xa está hoxe por hoxe noutro universo paralelo.

1:14 AM  
Anonymous Anônimo said...

¡Qué grande y con qué momentos.....! :)

6:34 AM  
Anonymous Anônimo said...

Unha mágoa. Ese rol que veu collendo o Suso nos vindeiros anos... Aquela reportaxe en El País Semanal lambéndolle a conacha -con perdón- á "mecenas" Rosalía Mera. Agora, o conto do ZP... Poder económico, poder político... Unha mágoa. Positivamente.

10:50 AM  
Anonymous Anônimo said...

corrección:
onde di "vindeiros" debe dicir "últimos". Desculpen. Graciñas

10:55 AM  
Anonymous Anônimo said...

Son o rapaz de Utopía que criticou esta mañá a De Toro, por outra banda un narrador caralludo. Sinto ter empregado unha expresión tan soez ao lembrar o traballo en EL PAÍS. Só iso. Sen faltar. Positivamente.

4:43 PM  
Blogger M. G. said...

Un chiste fácil: Zuzo de Toro.
A min paréceme ben se a Suso de Toro lle pareceu ben (refírome ó libro, non ó chiste). A partir deso, que o lea quen queira e tan felices.

8:24 PM  
Blogger SurOeste said...

Si, home, podedes estar todos orgullosos da gloriosa fazaña.
Suso estase a converter no Pemán da nova España, que digo? moito máis, despois de todo a letra de Pemán para o himno "no gustó" e punto. A ver quen se atreve a dicirlle a Suso "no gustó". Por certo, está na comisión pro-letra para o chinda chinda ou non?

11:13 PM  
Blogger Pablo Eifonso said...

"Unha mágoa. Ese rol que veu collendo o Suso nos vindeiros anos... Aquela reportaxe en El País Semanal lambéndolle a conacha -con perdón- á "mecenas" Rosalía Mera. Agora, o conto do ZP... Poder económico, poder político... Unha mágoa. Positivamente."

Ás veces semella que algúns teñen como pensamento básico o derivado dun concepto típico do estalinismo e -por derivación lóxica- do nacionalismo galego provinte e ligado á UPG: o dos "traidores". Segundo isto, habería un xeito de pensar inmanente á Terra do que son os seus intérpretes determinados chamáns. Este pensamento componse dalgúns lugares comúns que non precisan discusión nin análise que non deben ser ultraxados. Se os pos en dúbida, os sobrepasas ou tan só os bordeas, xa non eres o que a NAI terra esperaba e pasas a formar parte "dos outros".

Apúntome aos outros: líbreme deus dos que detectan traidores e establecen a liña divisoria entre o ben e o mal. As tumbas reais e metafóricas están cheas das súas víctimas.
Deixade en paz ao pecador Suso de Toro e entrade a criticar e debater os seus argumentos e a súa prosa.

Os comentarios imbéciles como o de suroeste son só un subproducto, pero de subproductos así se constrúe a barbarie. A pequena barbarie do non-pensamento do nacionalismo oficial e oficioso.

5:39 PM  
Blogger Pablo Eifonso said...

A disculpa de anónimo pola expresión "tan soez" é unha de mal pagador: paraeceulle politicamente incorrecta, nada máis e sentiuse na obriga de reprimirse, non vaia ser que alguén lle recorde o da lingoaxe sexista (lapsus que se produce cando se fala dun traidor, claro... e que se lle vai a un a língoa contemplando aos renegados do mandato da Terra-Nai)

5:43 PM  
Blogger SurOeste said...

É moi posíbel que eu sexa imbécil, pero non lle debo nada a ninguén e penso dicir o que penso ata caer de cu.Non teño dono, non vos coñezo nin vos debo nada a ningún de vós, esquisitos intelectuais do pensamento correcto.

8:16 PM  
Blogger Brétemas said...

Por favor, prego, que no blog non se utilicen descalificacións e insultos, o que non impide un debate de ideas e de posicións políticas no que cadaquén se exprese con absoluta liberdade.

8:14 AM  
Anonymous Anônimo said...

Nada de Terra Nai, nin traidores, nin upegallos... A miña crítica a De Toro apóiase en fondas conviccións libertarias. E sí, tiven remorsos, temín poder ter faltado ao respecto do escritor, por iso me autocensurei, señor Eifonso. Un consello, non vexa pantasmas onde non as hai e aprenda tamén a se autocensurar e pedir desculpas. Máis nada. Un gosto. Positivamente.

10:01 AM  
Blogger Pablo Eifonso said...

Anônimo, se as súas "fondas conviccións libertarias" lévano a comparecerse dese xeito de Suso de Toro por publicar un libro sobre Rodríguez Zapatero, sen tan sequera telo nin lído, cambie a orixe da miña equivocada análise substituindo "Terra-Nai" por "fondas conviccións", e así me aforra vostede a autocensura(?) (cousa máis fea nun libertario :-) ). Non teño razóns ningunhas para pedir disculpas por expresar a miña opinión: en todo caso estou disposto a discutila con enteira liberdade.
-----------------
Aínda que sei que Brétemas non se refire ao meu comentario cando prega que non se utilicen descalificacións e insultos, senon a outros, aclaro, por se tal:

Def.: "Imbécil (adxectivo): 1. alelado, escaso de razón...": algo así de suave e considerado suxíreme o comentario que descalifica a Suso de Toro equiparándoo a Pemán “Poeta alférez, que siente, canta y vive la nueva Epopeya Nacional”. Podía deixalo pasar. Pero non.

Ao fío da irónica frase de Suroeste "esquisitos intelectuais do pensamento correcto" e da seu coñecemento de Jose´María Pemán, é pertinente lembrar que despois do discurso de D. Miguel de Unamuno na Universidade de Salamanca o 12 de outubro de 1936, que comezou con "Estáis esperando mis palabras. Me conocéis bien, y sabéis que soy incapaz de permanecer en silencio. A veces, quedarse callado equivale a mentir, porque el silencio puede ser interpretado como aquiescencia...", o xeneral fascista Millán Astray berrou o famoso "¡Muera la inteligencia!". José María Pemán, alí presente, nun intento de calmar os ánimos, aclara: "¡No! ¡Viva la inteligencia! ¡Mueran los malos intelectuales!".
Pois iso.

Por certo, o máis importante: noraboa a Xerais pola publicación e éxito seguro do libro de de Toro e por colocar a edición galega en tan espléndido lugar.

11:52 PM  
Blogger SurOeste said...

Alégrome moito de que o intelixente señor Eifonso entendera como ironía a frase que resalta o meu 2º comentario, aínda que é só unha das posíbeis explicacións: se interpretamos o adxectivo "esquisitos" á portuguesa o sentido seria "dos raros ou poucos intelectuais que sempre están no pensamento (ou lado) correcto. Os demais estamos errados e somos proclives á barbarie, seguramente porque a razón non nos asiste nunca e andamos alelados.
A pesar da empanada mental que teño que soportar, gustaríame que me explicara por que non se pode aplicar a Suso de Toro a definición coa que nos ilustra de Pemán, despois de todo é un intelectual que presta os seus servicios con verdadeiro entusiasmo a unha determinada estrutura de poder coa que el simpatiza. Campo literario, campo intelectual neste caso, e campo político interferindo perigosamente. U-la autonomía da arte? Todo o resto foron elucubracións mentais que levaron ao señor Eifonso a lugares pantanosos.
Podo quedar tranquilamente co adxectivo imbécil ás costas, non se preocupe.

4:12 PM  
Blogger Pablo Eifonso said...

[Xa lle resposta hoxe Suso de Toro no País, SurOeste] [Pemán... meu deus!]

Para os que andan máis ou menos na idade de Suso e máis ou menos na súa experiencia política e vital, sabias e tranquilas palabras as de Suso... curiosa a súa relación con Zapatero: humana, diría eu, de amizade. Ese xeito de relación que cando é fonda pasa por enriba de calquera coxuntura e resiste calquera presión (coacción) ambiental. Vou entendendo máis por que Suso de Toro non cede diante do baleiro e do insulto que no seu País adícanlle os que non soportan a súa liberdade e semellan ter ciumes daqueles que aínda saben conservar e mimar aos seus amigos, chámense ZP ou José Luis. Aínda que non comparto moitas cousas do que escribe e pensa, gústame a súa resistencia a pregarse perante a cómoda perspectiva profesional e vital que tería, de ser politicamente correcto conforme aos cánones de certa corrección política na "esquerda" e no nacionalismo de Galicia. Gústame, lendo a entrevista, a sensación de que algo desa outra "xeneración" da que fala (esa que viviu naturalmente a e na democracia) pegouselle no contacto con Zapatero. Iso ten gañado.

7:30 PM  
Blogger SurOeste said...

"Moito máis que Pemán" señor Eifonso, lea ben, e de paso coloque os pronomes átonos no seu sitio.
o argumento da envexa universal paréceme lúcido, como xa me pareceu xenial o da conspiración da UPG a prol da barbarie. Parabéns. Nótase onde hai unha mente brillante e outra imbécil.

9:56 PM  
Blogger SurOeste said...

Este comentário foi removido pelo autor.

9:58 PM  
Blogger Pablo Eifonso said...

Preocúpame que siga insistindo en atribuir ao suxeito-vostede o atributo de imbecilidade que eu só prediquei do seu comentario. Vostede saberá o por que dese acto fallido.

Relea a entrevista a Suso de Toro citada e percatarase que non presta servizos a ningunha estructura do poder, máis alá do que vostede poida pensar ou fantasear sobre o que significa "prestar servizos a". Suso limítase a "admirar" ao personaxe e a falar do amigo. O resto da "intención" póna vostede. Vento norte, como verá na entrevista, nada que ver coas suradas pemanianas coas que vostede arremete.

Por outra banda, pola miña experiencia en foros sei que cando se chega á colocación do pronome átono é que o debate, se é que o houbo, rematou.

11:26 AM  
Anonymous Anônimo said...

Estou totalmente de acordo con Eifonso: aquí hai conspiración, aquí hai contubernio (da UPG e de varias asociacións de veciños do país)(xaora que si!). Por isto, "desde la responsabilidaz", cómpre convocar unha manifestación, non nacional, senón internacional, de apoio a Suso de Toro. Para o vindeiro sábado, chamamos a cidadanía a unha manifestación en Madrid, ás 12. Sairá de Moncloa, pasará por Ferraz e rematará no Instituto Cervantes, onde se servirá un xantar de homenaxe ó noso librepensador. Menú: Entremeses. Cabra asada, cabra guisada, cabra cocida e cocida cabra. Viño de honra e desagravio.
Pronunciaranse discursos en bilingüe e en bífido.
Poderase ler a crónica da manifestación o venres seguinte en el periódico global El País, escrita por un afamado observador imparcial: Xesús de Touro.

Manifestación apoiada polo gremio de zapateiros.

11:27 AM  
Blogger Pablo Eifonso said...

Anônimo, o seu comentario (vostede) calificaríase de "simpático" ou de "gracioso"?. Pura curiosidade malsana.

Aínda que paga a pena reforzar o meu pensamento sobre o concepto de "traidor" que para certos lugares comúns deste País segue a ter aquel que se sae do rego imaxinario trazado pola "conciencia nacional" (libertaria fondamente, claro). Incapaz de situar a Suso de Toro nalgún lugar do seu mapa mental (ideolóxico?) necesita levalo ao extremo e establecer o esperpento. Se ao do SurOeste levábao a Pemán, nada menos, vostede necesita citar a ristra de pantasmas que nada teñen que ver con de Toro: Madrid, Ferraz, Moncloa, El País, Cervantes, bilingüismo e, para rematar o chiste fácil do apelido. Pasando, naturalmente, por situarme a min na nunca enunciada teoría da conspiración.
Non pode vostede ser máis transparente nin reforzar máis os meus argumentos, que non rebatilos. Se cadra trabúcome buscándolle complexidade a isto e vostede é, simplesmentes, un gracioso.

1:02 PM  
Anonymous Anônimo said...

Señor Eifonso: Lamentablemente só quedei en gracioso pero heime presentar ás oposicións de simpático cando as convoquen. Non terá o temario vostede por aí? Si, entendo que non lle gusten as miñas palabras pero é que sempre me situei nun lugar incómodo para o poder e ninguén confía en min.

Moita parola, moita parola pero, ó cabo, vai vir vostede á manifestación? Dígamo porque se si, encargo unha ración máis de croquetas da momia de Castelao.
Anímese ho!. Pode vir no autobús dos "enfants terribles". Ha ir cheo e non caerá no aborrecemento da longa viaxe.
E agora uns segundos para a sabedoría popular: "Quen ten rabo de palla sempre pensa que llo queiman".

7:52 PM  
Anonymous Anônimo said...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!

4:30 AM  

Postar um comentário

<< Home