12.2.05

Abecedario para Rosa

Oínlle a don Xesús que a presentación dun libro é un subxénero da oratoria caracterizado pola gabanza equilibrada. Dende entón, pretendo ter sempre presente esta definición porque a desmesura dos editores no uso de adxectivos grandilocuentes, motivada sempre pola paixón na defensa do libro, pode levarnos a falta de credibilidade.
Creo que non foi este o caso de onte na cidade guindastre cando presentamos a novela de Rosa. Defendina con paixón porque esta narración, tan arrebatadora como poderosa, entusiasmoume dende a primeira lectura. Un acto, concorridísimo e emocionante, que nos deparou a fortuna de escoitar unha intervención memorable de Carlos Negro, que reinventou o xénero da presentación por medio da creación dun abecedario elaborado só con palabras utilizadas pola de Meirás. Non me resistín a anotalas na libreta unha por unha. Que bonito!!!
Un abecedario para Rosa con motivo de Veu visitarme o mar
Quen lera a novela comprobará que son as palabras xustas e equilibradas. Beizóns para Carlos e Rosa por unha noite na que nos emocionamos ao falar do ser humano. Seguramente diso trata a literatura.

Marcadores: , ,

2 Comments:

Blogger Brétemas said...

Efectivamente, Jaure, a catástrofe do Prestige funciona como metáfora do devalar interior da protagonista. É un teón de fondo. Esta é a razón pola que non quixemos publicitala como "novela da marea negra" ou cousa semellante. A crítica que aparece hoxe en Culturas, sendo boa, creo que é morniña para a entidade da obra. En fin, os críticos saben disto máis ca os editores.

11:29 PM  
Blogger Gonzalo G. Barreñada said...

Gustoume moito ler a "autobiografía" de Carlos Negro, tan ben escrita. E a cousa do abecedario ten o seu aquel de xogo con engado... Graciñas polos enlaces, brétemas; son todo un detalle pola túa parte.

:)

6:11 PM  

Postar um comentário

<< Home