![](//photos1.blogger.com/blogger/2130/744/400/bretemas.jpg)
Hoxe estas brétemas chegan ao seu
primeiro aniversario. Empeceinas, case ao mesmo tempo que o meu amigo
jaureguizar, coa inxenuidade de quen descoñece que esta escrita comunitaria na rede ía crearnos certa adicción, moitas satisfaccións e pequenos disgustos. Confeso que me mudaron a vida. Grazas a elas aprendín a moreas da xente marabillosa do
blogmillo e das pequenas comunidades de
persoas participantes na rede da
conspiración dos
libros libres. A todas elas, beizóns!
Entre os 540 posts publicados prestáronme, por moi diversas razóns, esta ducia (un de cada mes):
Estas brétemas pretenden seguir este segundo ano co mesmo empeño de esperanza que as viu nacer.
Marcadores: Blogs, Persoal
19 Comments:
Parabéns a vostede e grazas, tanto pola cantidade como pola calidade dos seus comentarios
Eskerrik asko Manolo. Hemen zu eta biok jarraituko dugu idazten, pentsatzen eta gauzak elkar egiten guztientzat.
Besarkada bat.
Txetxu.
Orain erderaz
Gracias Manolo. Aquí seguiremos tú y yo, escribiendo, pensando y haciendo cosas juntos para todos.
Un abrazo
Parabéns por iste primeiro aniversario.
Parabéns e grazas. Sempre é refrescante camiñar entre as brétemas.
Mil primaveras máis para as nosas brétemas.
O Chaíñas
Jaure: vostede tan eficiente e realista pensando no futuro...
Pois eu levo pouco na blogosfera. Ogallá poida celebrar o meu aniversario algún día.
Parabéns e que sexan moitos máis.
Parabéns, e que estejamos todos a dar, outra vez, os parabéns ao Manolo dentro de um ano. Um abraço.
Parabéns Mr. Brétemas. Foi un pracer coñecelo e é un pracer maior lelo tódolos días. Beizóns.
Parabéns. A opinión e o debate son obxectos de valor dificilmente ponderables, pero todos os que seguimos este blog coincidimos nun alto recoñecemento ás túas achegas.
Parabéns, Brétemas. Que sexan moitos anos máis.
Parabéns Brétemas. que sexan moitos máis
www.engalego.esp.st
Noraboa, Brétemas. Que este ano vaia mellor, tanto no plano editorial coma persoal. Lémbrate de nós o día de San Honorato, patrón do pan.
Beizóns!
;)
noraboa, sr. brétemas. unha chiscadela de ollo de vaca para vostede.
De hoxe nun ano, compañeiro.
Un ano e ben cheo este blogo que case se actualiza diariamente.
Gracias por existir, ensinar e agradar.
Parabéns, Brétemas. Convertécheste en paso obrigado no meu paseo diario por esta alameda.
Que sexa un feliz ano de brétemas atlánticas para tod@s. Parabéns.
Siga arrodeándonos coas súas brétemas. Que non cese.
Postar um comentário
<< Home