Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)
Esta dispoñible a nova versión do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG). A esta nova versión incorporáronse novas coleccións documentais e novos modos de busca que a converten nunha ferramenta moi útil para o coñecemento da lingua galega medieval e as temáticas vencelladas con ela. Que pensaría don Xosé María Álvarez Blázquez se puidese consultar todas estas "Fontes" dende o seu despacho? Unha contribución moi valiosa do ILG, na liña do seu Tesouro Informatizado da Lingua Galega, para coñecer e traballar neste caso sobre o corpus lexicográfico e literario galego medieval. Parabéns ao equipo de autores, patrocinadores e empresas comerciais colaboradoras.
Etiquetas: TMILG
Marcadores: Dicionarios, Internet, Lingua